
Esta actuación, a terceira das programadas ao abeiro do ciclo Na Bocanoite, organizado no marco do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello e Deputación Provincial de Lugo, é de entrada libre e gratuíta ata completar aforo e permite, alén de universalizar a creación de García Lorca desde unha óptica interdisciplinar que conxugta música e literatura, dar continuidade ao proxecto que posibilitou a musicalización de cinco poemas do autor escritos en lingua galega.
Os artistas e intérpretes que se ocuparon de poner música á escrita de Lorca serán tamén os encargados de presentar ao público os resultados do seu traballo nesta actuación. Noelia Geada e David Taboada abrirán a quenda de actuacións co poema Cantiga do neno da tenda, versos dedicados a Ernesto Pérez Guerra que falan do sentimiento dos emigrante. De seguido, o grupo Nebra interpretará os versos de Danza da lúa en Santiago, acuxa letra orixinal, esta formación engadiu as melodías propias do seu proxecto, inspirado na música tradicional galega.
A banda de rock indie alternativo Infrarroja, unha formación nada en Lugo en 2017, poñerá música ao poema Romance da Nosa Señora da Barca, nun evento no que tamén se poderá gozar do resultado da letra de Nouturno do adolescente morto con música de Quique Muruáis e Luis Monsalve, así como do poema Canción de cun a para Rosalía de Castro, morta, musicado polo dúo Condensadores de Fluzo, integrado por Luis (Bedu) Pérez e Miguel Bello. O repertorio do Proxecto Lorca completao o poema titulado Madrigal á cidade de Santiago, uns versos que xa foron musicado para a USC en 2015 por Carlos Díaz.
As persoas interesadas en acudir como público a este novo concerto do Proxecto Lorca deberán solicitar de balde e con antelación o convite a través do enderezo de correo electrónico [email protected]. Tamén se pode obter máis información a través do número de teléfono 982 812 513.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.