Archivo (3 del 2021)

Buscador

Noticias

'O que máis valoro deste proxecto é o novidoso de facer algo así en Galicia', salienta o profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Jorge Lens de Ollar, escolma da fotografía galega contemporánea, un proxecto multimedia centrado na divulgación da fotografía de autor en Galicia a través dunha serie de curtametraxes documentais dedicados a diferentes fotógrafos e fotógrafas.
O ensino multigrao agrupa alumnado de distintas idades no mesmo espazo educativo, configurando un escenario de aprendizaxe “altamente enriquecido e estimulante” para alumnado e profesorado. Esta é a premisa sobre a que se asenta a estratexia para a modernización do ensino na que está a traballar o grupo de investigación en Tecnoloxía Educativa (Tecnoeduc) da USC.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha unha nova edición do programa Tecnólogo por un día, unha das iniciativas do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia, DigiTalent. Como en edicións anteriores, cóntase coa colaboración de empresas do sector TIC galego que acompañarán aos participantes nas distintas sesións online.
A exposición 'As primeiras xornalistas, elas escribiron a historia' pode visitarse ata o próximo día 5 de abril na Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña. Promovida pola Secretaría Xeral da Igualdade para poñer en valor o traballo das precursoras galegas no ámbito da comunicación e a súa loita a prol da equidade laboral, a mostra está a percorrer diferentes cidades desde febreiro do ano pasado, cando estreou a súa andaina en Ourense.
Os incendios de 2017 como os de Chandebrito e Pedrógão Grande puxeron o foco de atención na importancia que ten para a prevención dos lumes o estado da masa forestal que hai arredor de vías de comunicación e poboacións. Ao ano seguinte, en 2018, catro empresas, dous grupos de investigación da Universidade de Vigo e un centro de investigación puxeron en marcha o proxecto Topacio.
Cooperativas e Sociedades Laborais representan o 5% do PIB galego, podendo chegar ao 7% ao sumar outro tipo de entidades. Así o constata o Informe sobre a Economía Social en Galicia 2019, presentado este venres na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC e que ten como obxectivo cuantificar a importancia que na Comunidade Autónoma ten todo o conxunto de familias que compoñen a Economía Social. No ano 2019, tal e como evidencia o informe, creáronse 56 novas cooperativas en Galicia, o que supuxo un crecemento do 4,1%.
As Escolas de Música Mancomunadas de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei, coa súa vintena de profesores-as especialistas e demais docentes asistentes e colaboradores-as, dende anos atrás, asumen con inquebrantable tesón o reto de contribuir con Cultura á revitalización e harmonización do noso rural, esencialmente arredor da formación e actividades musicais. Caso pioneiro en Galicia, nun ámbito de acción supramunicipal, é a Asociación sen ánimo de lucro Músico Crisanto.
Desenvolver, tomando como punto de partida os múltiples datos xerados no sistema de saúde ao longo da crise da covid-19, unha ferramenta de simulación para a toma de decisións na xestión sanitaria dunha pandemia. Este é o obxectivo principal de Practicum Direct, un proxecto do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, que reúne no seu equipo de traballo a profesionais sanitarios e expertos de diferentes áreas.
Preto de 150 fotografías que José Suárez realizou ao longo de máis de catro décadas, tanto en Galicia como en diferentes puntos de Europa, Arxentina e Xapón, reúnense na exposición antolóxica que o Museo de Pontevedra dedica a este fotógrafo natural de Allariz. O profesor da UVigo Manuel Sendón é, xunto a Xosé Luis Suárez Canal, o comisario dunha mostra que se insire no traballo que desde hai décadas veñen desenvolvendo
En concreto, a exposición inclúe un espazo dedicado á familia de Lolita, unha verdadeira saga de artistas de Galicia, e unha zona na que se fai referencia á figura persoal e á traxectoria profesional e vital. Ademais, tamén se recollen os estudos e traballos sobre a obra desta artista e se fai un repaso da súa obra como ilustradora. Poderanse ver os seus traballos en publicacións como Galicia, Céltiga ou Mariñana, entre outros.
« Anterior | 4  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (134)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES