
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitaron hoxe a exposición Lolita Díaz Baliño, a discreción imposta dunha grande artista, coa que a Xunta de Galicia homenaxea este ano á que foi a primeira muller en integrarse na Real Academia Galega de Belas Artes. A mostra concibida no marco do Día da Ilustración do pasado 30 de xaneiro retoma así a súa versión presencial despois de ter sido aprazada por mor da situación sanitaria das últimas semanas, aínda que estivo dispoñible de xeito online.
Como explicou Anxo M. Lorenzo, trátase dunha mostra imprescindible para coñecer o legado profesional e vital da fotógrafa, pintora, profesora e ilustradora Lolita Díaz Baliño, unha figura clave para o pasado e futuro da ilustración e das artes galegas, indicou. O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade animou a achegarse ata a Cidade da Cultura de Galicia para seguir gozando da cultura dun xeito seguro con propostas como esta na que se poden ver ata 60 pezas documentais, tanto orixinais como facsímiles, que retratan a vida e obra da ilustradora coruñesa, falecida no ano 1963.
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, pola súa banda, ademais de poñer en valor o traballo que desenvolveu Lolita Díaz Baliño, lembrou que a Xunta ten en marcha o proxecto Aprende coas mulleres galegas, co que se está a achegar información e actividades para dar a coñecer e afondar na vida de mulleres destacadas da Comunidade galega en diferentes ámbitos. Nesta iniciativa, que se pode consultar na páxina web da Consellería de Emprego e Igualdade, inclúese unha ficha informativa sobre o labor de Díaz Baliño.
Saga de artistas
En concreto, a exposición inclúe un espazo dedicado á familia de Lolita, unha verdadeira saga de artistas de Galicia, e unha zona na que se fai referencia á figura persoal e á traxectoria profesional e vital. Ademais, tamén se recollen os estudos e traballos sobre a obra desta artista e se fai un repaso da súa obra como ilustradora. Poderanse ver os seus traballos en publicacións como Galicia, Céltiga ou Mariñana, entre outros.
Os fondos que se expoñen son documentos orixinais e copias da colección de fondos propios da Biblioteca de Galicia, e tamén reproducións virtuais que se poden consultar tamén a través da plataforma Galiciana, Biblioteca Dixital de Galicia. A exposición pode verse en horario 9,00 a 21,00 horas ata o 13 de maio. En calquera caso, o secretario xeral de Cultura explicou que as persoas que non poidan desprazarse a Santiago de Compostela para ver a mostra, poden visitala a través da súa páxina web.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.