Archivo (3 del 2021)

Buscador

Noticias

A Cidade da Cultura programa o sábado 20 o espectáculo Galicia Máxica, unha proposta da contadora Marta Ortiz cun repertorio composto por contos tradicionais galegos e portugueses. Esta sesión de contacontos, especialmente dirixida á cativada de entre 4 e 11 anos, contará con entrada de balde e poderá seguirse en directo por streaming.
O centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán permitirá profundar dende novas perspectivas na súa figura e obra. A USC, a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega reunirán a finais do mes de outubro na Coruña e Santiago unha representación de voces expertas na autora no congreso internacional 'Emilia Pardo Bazán, 100 anos despois'.
O profesor da USC Jesús López Romalde, dende o Centro Singular CRETUS, leva meses profundando na vixilancia do SARS-CoV-2 en augas residuais como ferramenta para a predición e control da diseminación da pandemia entre a poboación. Nos vindeiros meses estas análises terán unha gran relevancia para coñecer como está a repercutir a vacinación na evolución da pandemia, porque aínda se descoñece se as persoas vacinadas transmiten a enfermidade.
O Servizo Galego de Saúde vén de presentar a nova aplicación ’Sergas Móbil’, coa que facilitará o acceso aos servizos de videoconsulta na sanidade pública galega. O secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes, e o subdirector xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información, Benigno Rosón, presentaron a nova plataforma ‘Sergas Móbil’, que se integrará todos os servizos dixitais do Sergas dentro da mesma aplicación.
'Non te amola!' é o título deste libro da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021. Esta semana chegará a todas as librerías de Galicia a obra inédita de Xela Airas, "Non te amola!", ilustrada por Luz Beloso, e que publicamos na colección “Libros para compartir”. Trátase dun libro que permanecía inédito ata agora e que, a partir desta semana, chegará ás librerías de toda Galicia para que as lectoras e lectores poidan coñecer mellor a sensibilidade da autora como narradora.
Aínda que este ano o Festival Atlántica vaise celebrar durante o verán, o veterano encontro non quere deixar de festexar unha das súas citas máis emblemáticas: o Día Internacional da Narración Oral. Daquela, este sábado, 20 de marzo, e grazas á colaboración cos festivais Sete Falares de Pontevedra e Falando a Boca Chea da Coruña, unha vintena de espectáculos vanse desenvolver en múltiples puntos de Galicia.
Un equipo liderado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e a Xunta, conseguiu xerar raios X mediante unha nova tecnoloxía de aceleración de electróns usando pulsos láser ultracurtos. Esta é a primeira vez que o equipo produce raios X con pulsos láser de forma estable durante longos períodos de tempo, obtendo as primeiras imaxes con esta nova fonte de raios X.
En 2020 cumpríronse 100 anos do lanzamento da célebre revista Nós. Nun ano adicado a loar e conmemorar esta importante efeméride, o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades quere renderlle tamén a súa homenaxe no marco da colección Cadernos Ramón Piñeiro dedicándolle a súa XLII edición, 'Dentro de Nós mesmo e a rente ou ao redor', que foi presentado na Sede do CRPIH polo secretario xeral de Política Lingüística.
Os Premios Mestre Mateo 2021, aos que se presentaron 146 obras e 424 candidaturas profesionais, entregaranse o 10 de abril no Teatro Colón da Coruña co recoñecemento a 25 categorías, das que nove son de produción e 16, profesionais. A gala, que seguirá estritamente todos os protocolos sanitarios, será dirixida polo actor e director teatral Tito Asorey e presentada pola humorista Lucía Veiga.
O 40% da poboación mundial vive a menos de 100 kilómetros da costa. Partindo deste dato, o grupo de traballo sobre resiliencia e servizos dos ecosistemas mariños pertencente ao International Council for the Exploration of the Sea (ICES) está a impulsar unha investigación, coordinada polo profesor da USC Sebastián Villasante, coa que medir o impacto que a COVID-19 está a causar no benestar da poboación das zonas costeiras.
« Anterior | 3  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (122)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES