Archivo (3 del 2021)

Buscador

Noticias

O experimento Large Hadron Collider beauty (LHCb) do CERN, no que participan investigadores da USC a través do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), acaba de anunciar novos resultados que, de confirmarse, suxerirían indicios dunha violación do Modelo Estándar de física de partículas. Este Modelo predí que as desintegracións que involucran diferentes sabores de leptóns, deberían ocorrer coa mesma probabilidade.
Tras celebrarse en Valencia, Cartaxena ou Alacante, o congreso 'Students, Women in engineering & Young Professionals' chega á Universidade de Vigo da man da rama de estudantes do Institute of Electrical and Electronics Engineers (IEEE). Por primeira vez o evento celebrarase en formato en liña, unha circunstancia que xa se está a notar no número de inscricións que a día de hoxe se elevan a 120, superior ao número de asistentes que ten un SWYP presencial que ronda os 70 estudantes.
O grupo de investigación Sistemas Silvopastorais da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo da USC, coordinado pola catedrática María Rosa Mosquera Losada, lidera en España o proxecto europeo a prol da transición agroecolóxica AE4EU, un programa internacional coordinado polo Instituto Superior de Agricultura Rhône-Alpes que conta con preto de dous millóns de euros de financiamento achegados de fondos europeos.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, abordou co alcalde de Begonte, José Ulla Rocha, a evolución dos proxectos de maior interese para o Concello, entre os que destacan os de carácter educativo. Durante a reunión, analizaron a proposta para integrar os centros educativos do concello, dado o baixo nivel de matrícula do CEIP Virxe do Corpiño e do CEIP de Baamonde.
O auditorio da Casa do Saber acolleu a cerimonia de entrega da vixesimoprimeira edición do Premio Aresa. O acto foi presidido polo reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López Díaz, e o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, aos que acompañou a vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto, os tres membros do xurado xunto con Manuel Gómez-Franqueira, presidente do Grupo Coren, e María José Alonso Fernández, catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC.
Desde este luns e ata o 21 de maio, a Sala Alterarte do campus de Ourense acolle a mostra Ocupar un corpo, da artista Deebo Barreiro e o comisario Vítor Nieves. Nela, esta egresada da Universidade de Vigo xoga coa fotografía, os espazos e a tecnoloxía para visibilizar e achegar ao público “as identidades de xénero que están máis fóra da normatividade”, do binarismo home-muller, como as persoas bixénero, axénero ou transxénero sen hormonar.
A Universidade de Vigo vén de participar nun estudo internacional no que se relaciona o aumento do pole no aire e os contaxios por covid-19, un estudo 'sen precedentes' no seu eido no que participaron máis de 150 investigadores e investigadoras internacionais e 130 estacións de mostraxe de pole de 31 países dos cinco continentes.
O grupo de innovación docente da USC XuvenCiencia impartirá varios obradoiros en centros educativos de ensino primario e secundario no marco do proxecto 'Ciencia no Camiño', unha iniciativa que procura a promoción da cultura científica e a innovación, tanto para a poboación escolar como para o público en xeral, a través dunha rede de educación e divulgación nos Camiños de Santiago.
O proxecto Geo4radón rematou case tres anos de traballo coa presentación esta semana do prototipo final dun sistema de aproveitamento de enerxía xeotérmica. A súa principal innovación é que integra nun único dispositivo diferentes tipos de enerxías renovables, en concreto, enerxía aerotérmica e solar térmica.
A iniciativa ‘CamiñoLab. Laboratorio do patrimonio cultural do Camiño de Santiago’, impulsada polo Grupo Compostela de Universidades (GCU) liderado pola USC xunto coas outras dúas universidades públicas galegas, promove a creación dun observatorio de académicos internacionais focalizado no patrimonio deste itinerario cultural.
« Anterior | 2  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (120)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES