Notas de prensa

A UVigo participa no estudo internacional que relaciona o aumento do pole e os contaxios por COVID-19

A Universidade de Vigo vén de participar nun estudo internacional no que se relaciona o aumento do pole no aire e os contaxios por covid-19, un estudo 'sen precedentes' no seu eido no que participaron máis de 150 investigadores e investigadoras internacionais e 130 estacións de mostraxe de pole de 31 países dos cinco continentes.

Os resultados foron publicados recentemente na revista Proceedings of the National Academy of Sciences of the Unite States of America nun artigo titulado Higher airborne pollen concentrations correlated with increased SARS-CoV-2 infection rates, as evidenced from 31 countries across the globe. O equipo internacional participante recompilou cifras sobre as concentracións de pole no aire, as condicións meteorolóxicas e as infeccións por SRAS-CoV-2, tendo en conta a variación das taxas de infección dun día a outro e o número total de probas positivas. Nos seus cálculos, tamén incluíron información sobre a densidade de poboación e os efectos das medidas de confinamento.

Un estudo sen precedentes

Segundo explica Francisco Javier Rodríguez Rajo, investigador do Grupo de Planta, Solo e Aproveitamento de Subprodutos (BV1) da UVigo, no seu caso a participación consistiu en proporcionar os datos de pole referidos a Galicia e avaliar as conclusións do artigo. Concretamente proporcionaron os datos recollidos nas estacións de mostraxe de pole das cidades de Vigo, Santiago de Compostela e Ourense, estando esta última ubicada na propia Facultade de Ciencias do campus. Os datos de pole subministrados foron os referidos ao ano 2020, ao período de pandemia, e a 52 tipos de pole, “os máis importantes que están na atmosfera”. Segundo indica o catedrático, ao abeiro dun acordo coa Consellaría de Sanidade da Xunta de Galicia, o grupo da UVigo é o encargado de realizar o seguimento e control aerobiolóxico en Galicia, xestionando as catro estacións de mostraxe de pole ubicadas na comunidade. Esta circunstancia, e o feito de que durante a pandemia se mantivo a actividade nestas estacións, engade, fixo posible dispor dos datos requiridos polo estudo.

“Este estudo é o máis grande, coa maior cantidade de investigadores, puntos de mostraxe e países, que se ten feito nunca neste campo. É a primeira vez que se consigue facer algo así e foi posible porque o momento excepcional que vivimos así o requiriu”, comenta Rodríguez Rajo. Recalcando “a importancia de que Galicia e os datos referidos a ela estean nestes estudos a nivel mundial”, o catedrático da UVigo sinala a satisfacción de do seu grupo por ter participado nun proxecto non só desta envergadura científica senón por tratarse dun estudo que se enmarca no esforzo da comunidade científica por contribuír, cada un desde a súa área de coñecemento, á loita contra a covid-19.

A correlación

A investigación partiu da hipótese de que unha maior cantidade de pole no aire conduciría a aumentos nas taxas de infección por coronavirus. Na súa proposta tívose en conta o feito que as altas concentracións de pole provocan unha resposta inmunitaria máis débil nas vías respiratorias aos virus. Cando un virus entra no corpo, explican os investigadores do estudo, as células infectadas adoitan enviar proteínas mensaxeiras e estas proteínas, coñecidas como interferóns antivirais, indican ás células próximas que aumenten as súas defensas antivirais para manter a raia aos invasores, ademais de activarse unha resposta inflamatoria axeitada para combater eses virus. Porén, indícase no estudo, se as concentracións de pole no aire son elevadas e se inhalan os grans de pole coas partículas de virus, xéranse menos interferóns antivirais e a propia resposta inflamatoria beneficiosa tamén se ve afectada. Polo tanto, nos días cunha alta concentración de pole, pode producirse un aumento do número de enfermidades respiratorias. No traballo realizado investigouse se isto se podía aplicar ao SARS-CoV-2, concluíndo que si e que o feito de que os individuos sexan alérxicos aos distintos tipos de pole é irrelevante.

Concretamente, no estudo realizado demostrouse que o pole transportado polo aire pode explicar, por termo medio, o 44% da variación das taxas de infección, e que a humidade e a temperatura do aire tamén inflúen en determinados casos. Durante os intervalos sen confinamento, as taxas de infección eran de media un 4% máis altas con cada aumento de 100 grans de pole no aire por metro cúbico. No confinamento reduciuse á metade as taxas de infección en concentracións de pole similares.

Universidade de Vigo, 2021-03-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-titeres-redondela-2026.jpg) A programación desta nova edición volverá combinar espectáculos de sala, funcións de rúa, instalacións, música e propostas participativas arredor do mundo dos monicreques, con compañías galegas como Tanxarina Títeres, Títeres Alakrán, Babaluva, Mircromina, Trécola Producións, Troula Animación ou Bico de Toupa, xunto a formacións chegadas de diferentes puntos do Estado e de países como Francia, Italia, Portugal, Uruguai ou Arxentina. Entre as montaxes destacadas figura A Biblioteca Galáctica contra IA Fantástica, de Tanxarina Títeres, recoñecida nos Premios María Casares 2026, ademais de propostas premiadas como Gloria Bendita, de Arteria Producciones, ou Érase unha vez… dous pés!, da italiana Teatro dei Piedi.
Foto de la tercera plana (medio-ambiente.jpg) Os bos resultados acadados nos últimos anos en biotecnoloxía sitúan a Galicia nunha posición de referencia neste sector, con moita proxección de futuro. A biotecnoloxía pasou de ser unha aposta estratéxica a converterse nun sector económico e científico con masa crítica, capacidades diferenciais e resultados medibles. Así o amosan os resultados acadados na execución da Estratexia de consolidación do sector en Galicia 21-25. Entre eles, destaca a creación de 30 novas empresas biotecnolóxicas, acadando a cifra de 162 compañías actuais; unha facturación de 2.037 millóns de euros, que cuadriplica a de 2021 e se sitúa no 2,6% do PIB; ou o aumento do emprego cualificado vencellado ao sector, acadando as 5.693 persoas traballadoras, tres veces máis desde 2021.

Notas

Xornalista, escritora, activista e un dos discursos máis destacados do feminismo galego contemporáneo. Todas estas voces emanan da figura de Begoña Caamaño a quen neste 2026 se lle dedica o Día das Letras Galegas. A USC a través da Biblioteca Universitaria e da Ãrea de Cultura súmase a esta homenaxe cunha mostra que percorre a traxectoria vital da autora e o seu compromiso co pensamento crítico, coa lingua e cos dereitos das mulleres.
A UVigo afianza o seu compromiso coa divulgación científica e co fomento das vocacións STEM entre a mocidade, especialmente entre as nenas, coa publicación da sexta edición do catálogo Quero ser investigadora, unha publicación que recolle a historia de dez científicas da UVigo para inspirar as investigadoras do futuro. Ilustrado pola artista Alba Casanova, a través da técnica do collage debúxase a historia de dez novas referentes, dez científicas, mulleres, dez nenas que contribúen a construír un relato da ciencia máis xusto e representativo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES