Notas de prensa

O proxecto AE4EU, novo pulo á agroecoloxía no vello continente

O grupo de investigación Sistemas Silvopastorais da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo da USC, coordinado pola catedrática María Rosa Mosquera Losada, lidera en España o proxecto europeo a prol da transición agroecolóxica AE4EU, un programa internacional coordinado polo Instituto Superior de Agricultura Rhône-Alpes que conta con preto de dous millóns de euros de financiamento achegados de fondos europeos.

O proxecto a prol do impulso das prácticas agroecolóxicas en Europa reúne entre os seus participantes a doce socios de diversos países do vello continente, un consorcio que traballará ao longo de tres anos ata 2023 co obxecto de apoiar e impulsar un marco acaído para desenvolver unha rede europea de laboratorios vivos agroecolóxicos, ademais de novas infraestruturas de investigación e espazos de aprendizaxe para agricultores, así como para investigadores e demais actores da sociedade civil.

A agricultura e os sistemas alimentarios europeos ven fortemente afectados por un gran número de retos como a erosión e a degradación do chan, a calidade da auga, a perda de biodiversidade, a inseguridade alimentaria, o acceso á terra e outros recursos produtivos, o endebedamento dos agricultores, a perda de explotacións ou o cambio climático, subliñan desde o grupo de investigación Sistemas Silvopastorais da EPS de Enxeñaría.

A agroecoloxía, engade Rosa Mosquera, como forma de deseñar, desenvolver e promover a transición cara a sistemas agrícolas e alimentarios respectuosos coa biodiversidade, de baixo impacto ambiental e social e economicamente xustos, aparece como un enfoque crave para afrontar estes retos.

A catedrática da USC sinala neste senso que o proxecto AE4EU, cuxas primeiras sesións de traballo comezaron en xaneiro, ten como obxectivo principal favorecer unha transición de éxito cara a agroecoloxía a través dun forte desenvolvemento con accións conxuntas ambiciosas e a longo prazo a nivel europeo nos eidos da investigación, innovación, redes, formación e educación.

A creación e posta en marcha dunha rede europea de laboratorios vivos e a conseguinte participación de diferentes actores de diversos horizontes e sectores, permitirá aos socios implicados neste proxecto incluído na estratexia Horizonte 2020, analizar a agroecoloxía a través dos seus diferentes alicerces, desde a óptica da ciencia, pero tamén como conxunto de prácticas e como movemento social, conclúe Mosquera.

Universidade de Santiago de Compostela, 2021-03-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES