
En colaboración coa Universidade de Salamanca, os resultados do traballo foron publicados recentemente no último número da revista Physica Medica.
Esta investigación realízase no Laboratorio Láser de Aceleración e Aplicacións (L2A2) da USC, equipado cun dos poucos sistemas láser que existen no mundo capaz de producir pulsos láser cunha potencia de 50 teravatios (1012 vatios, un billón de vatios). Como explican integrantes do equipo compostelán, ao focalizar estes pulsos sobre un material xéranse campos electromagnéticos moi intensos, capaces de acelerar en poucas micras (0,001 milímetro) partículas a grande enerxía. Esta tecnoloxía permitirá construír aceleradores de partículas compactos con aplicacións médicas no futuro.
A vantaxe desta nova tecnoloxía é que, ao ter un foco xerador de raios X de dimensión micrométrica, conséguense imaxes de mellor calidade cunha menor cantidade de raios X, asegura José Benlliure, investigador do IGFAE e coautor deste traballo. Ademais, pódese aplicar unha nova técnica de reconstrución da imaxe, radiografía por contraste de fase, que permite visualizar materiais de diferente densidade, en particular tecidos biolóxicos. Os investigadores do IGFAE puideron aplicar esta nova técnica tanto a radiografía convencional como a imaxes tomográficas en tres dimensións.
Recentemente, o IGFAE iniciou un proxecto en colaboración coa Universidade Complutense de Madrid, a Universidade de Salamanca e a empresa Sedecal SL para estudar a posibilidade de utilizar esta nova tecnoloxía para desenvolver mamógrafos de alta precisión.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.