
Este é o primeiro estudo global que incidirá na calidade de vida das poboacións litorais, incluíndo cambios en costumes dietéticos, ocio cultural nas áreas protexidas, así como impactos físicos e cognitivos debido á pandemia", explica o profesor Villasante. As achegas desta investigación permitirán profundar na resiliencia das zonas litorais e identificará solucións para axudar as persoas baixo o influxo da pandemia. Dado que a crise da COVID-19 pode aumentar vulnerabilidades e risco de desigualdade para as zonas litorais, os resultados desta investigación proporcionarán ideas de adaptación que as rexións litorais poidan desenvolver á hora de acometer a crise.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.