
A Xunta de Galicia suma un ano máis o seu apoio aos Premios Mestre Mateo, organizados pola Academia Galega do Audiovisual (AGA) e que chegan á súa 19ª edición. A través da súa implicación, o Goberno galego quere reforzar a proxección da industria do cinema e a televisión, así como darlle visibilidade ao traballo desenvolvido polo audiovisual galego nun ano especialmente difícil para a cultura por mor das restricións derivadas da covid-19.
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, participou hoxe no acto de presentación da cerimonia de entrega e anuncio dos finalistas, desenvolvido na Coruña coa intervencións dos representantes das demais entidades e institucións colaboradoras. Segundo sinalou, o apoio económico da Consellería de Cultura, Educación e Universidade aos galardóns responde ao convencemento de que o incentivo e o estímulo profesional contribúen a un mellor desenvolvemento da creatividade e a unha maior visibilidade dos nosos filmes, dos seus artífices e dos seus protagonistas.
O responsable de Industrias Culturais da Xunta agradeceu o esforzo feito polo sector para seguir cara adiante adiante malia a situación vivida pola pandemia e destacou o éxito acadado por diferentes películas e series de factura galega. Moitas delas anunciáronse hoxe entre as finalistas dos Premios Mestre Mateo 2021, como Ons, A illa das mentiras, Arima, Lúa vermella, 9 Fugas, El desorden que dejas, Néboa, O sabor das margaridas ou Auga Seca.
Referiuse tamén á capacidade de adaptación a novas realidades que demostraron nestes meses tanto os profesionais como as administracións que os apoian. Neste sentido, salientou o Plan de reactivación cultural deseñado pola Xunta a partir da permanente escoita ás demandas do sector, o que permitiu reformular prazos, condicións e requirimentos das principais liñas de subvención para facilitar a continuidade dos proxectos e das contratacións.
Ademais, para Jacobo Sutil, a boa resposta que está a dar o público ante a reapertura das salas de exhibición proba que os XIX Premios Mestre Mateo chegan no momento máis oportuno, no de posta en marcha de toda a engrenaxe que nos pode guiar a un futuro en positivo.
Cerimonia de entrega
Os Premios Mestre Mateo 2021, aos que se presentaron 146 obras e 424 candidaturas profesionais, entregaranse o 10 de abril no Teatro Colón da Coruña co recoñecemento a 25 categorías, das que nove son de produción e 16, profesionais. A gala, que seguirá estritamente todos os protocolos sanitarios, será dirixida polo actor e director teatral Tito Asorey e presentada pola humorista Lucía Veiga.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.