
Valentín García recordou que a revista Nós é un referente interxeracional na divulgación cultural, científica e lingüística galegas sen o cal sería imposible imaxinar a Galicia que coñecemos hoxe. Sinalou, ademais, o importante labor que os intelectuais de Nós levaron a cabo na normalización do uso do galego, un dos elementos vertebradores do boletín.
Homenaxe colectiva
A edición dos Cadernos Ramón Piñeiro (XLII). Dentro de Nós mesmo e a rente ou ao redor vén da man dos investigadores Luís Cochón e Laura Caamaño Pérez e contou coas colaboracións de Rafael Chacón Calvar, Justo Baramendi, Manuel Outeiriño, Xosé Manuel Beiras, Xurxo Martínez González, Xosé Luis Axeitos, Bieito Iglesias, José Antonio Durán, Ángel Gónzalez Férnandez, Camilo Gonsar, Emilio Xosé Insua, Pepe Barro, Ramón López Vázquez, Gustavo Luca, X.L. Méndez Ferrín, Xosé Carlos Valle Pérez, Xaquín Lorenzo Fernández, Xesús Alonso Montero, Anxo Angueira, Carlos Baliñas Fernández, Darío Xohán Cabana, Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Xosé Ramón Fandiño, Manuel Forcadela, María Pilar García Negro, Xosé Manuel González Reboredo, María Xesús Lama López, Teresa López, Carlos López Bernárdez, Xosé Ramón Pena, Xabier Ron Fernández, Miguel Anxo Seixas Seoane, Luis Seoane, Mª Ángeles Tilve Jar e Xosé Fernando Filgueira Valverde.
O propósito dos editores literarios, Luis Cochón e Laura Caamaño Pérez, foi rememorar aquel boletín mensual da cultura galega que tomou forma na revista Nós (1920-1936), onde escribiron cando menos 200 autores do noso pertencentes a tres quendas xeracionais en idioma galego, galegamente.
Revista Nós
Fundada o 30 de outubro de 1920, a revista Nós foi impulsada e dirixida por Vicente Risco co obxectivo de reivindicar a cultura propia de Galicia a través do estudo científico e da creación literaria. Dunha banda, buscouse difundir a través dela o coñecemento científico e humanístico que se estaba a producir en Galicia. Pola outra, a intención era achegar a Galicia as novas ideas que xurdían por aquel entón no resto de Europa. Durante os seus 16 anos de vida, viu pasar polas súas páxinas escritores do máis diverso e ilustre de Galicia, desde os intelectuais do Grupo Nós (Vicente Risco, Otero Pedrayo, Castelao, Cuevillas, Arturo Noguerol...) ata unha xeración de autores máis novos (Fole, Bouza-Brey, Fernández del Riego...) que fixeron da revista Nós un referente da cultura galega 100 anos despois.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.