
Esta asociación está integrada dende a súa fundación por pais de alumnos-as e socios-as colaboradores-as da veciñanza de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei, e mesmo doutras localidades próximas; tenta realizar unha achega formativa digna a cada recuncho dos nosos pobos.
Atesourando un dos máis númerosos claustros de profesores-as da nosa comunidade, ofréceselles contrato a xóvenes titulados-as superiores das máis diversas especialidades instrumentais, nun sector especialmente castigado polo desemprego. Este singular esforzo pola optimización dos recursos públicos describe con nitidez o compromiso dos responsables institucionais de tres concellos exemplares na salvagarda da Cultura, que a propia Deputación Provincial de Lugo e Xunta de Galicia recoñecen como proxecto mancomunado merecedor de especial protección.
Por tanto, agradecidos dese esforzo institucinal por optimizar os recursos dispoñibles, asentados na racionalidade, trabállase xa nun esperanzador futuro próximo. Coñecedores da dificultade de xestionar tódalas necesidades da sociedade nunha coherente planificación, valórase a concienzuda análise e posta en valor exhibidas polas diferentes administracións actuantes en cada trámite relacionado co transcendental proxecto de Escolas-Conservatorio planificado para Baamonde.
Á marxe de programar a mellor formación posible con atención á natural diversidade do noso alumnado, téntase xerminar actividade cultural máis alá das nosas aulas. De tal xeito, promóvese a participación na vida cotiá da poboación da contorna destas aulas. Faise, principalmente, a través das diferentes agrupacións: Banda da Escola, Banda Sinfónica Sons e Soños, Banda de Gaitas Sons da Chaira, Coro da Asoc. Músico Crisanto, Murajazz Big Band, Young Murajazz Big Band e Tirapadiante, Grupo Tradicional.
Este novo centro educativo abrirase ao público no vindeiro curso provisto de aulas equipadas e acondicionadas acusticamente para o desempeño dunha formación de óptima calidade. Trátase de instalacións que van converterse, co seu auditorio, nunha das sedes máis dotadas das Escolas Mancomunadas de Música en convivencia co incipiente centro adicado á formación profesional de músicos-as. Este ambicioso proxecto formativo-cultural nace con vocación de integrar, sumar e revitalizar unha área cun amplo radio de acción, co seu centro en Baamonde.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.