Notas de prensa

Unha exposición percorre a traxectoria vital do 'fotógrafo máis internacional de Galicia'

Preto de 150 fotografías que José Suárez realizou ao longo de máis de catro décadas, tanto en Galicia como en diferentes puntos de Europa, Arxentina e Xapón, reúnense na exposición antolóxica que o Museo de Pontevedra dedica a este fotógrafo natural de Allariz. O profesor da UVigo Manuel Sendón é, xunto a Xosé Luis Suárez Canal, o comisario dunha mostra que se insire no traballo que desde hai décadas veñen desenvolvendo

Todo isto, co propósito de afondar e divulgar o traballo do que o director do museo, Xosé Manuel Rey, definiu como o “fotógrafo máis internacional” de Galicia.

“José Suárez é un fotógrafo distinto ao resto dos fotógrafos históricos que traballaron en Galicia ata a década de 1970”, salientou Sendón dun creador que concibía a fotografía “como un medio de expresión para abordar temas internos”, na presentación que este martes tivo lugar no Edificio Castelao. O docente e comisario de José Suárez. 1902-1974 salientou nese senso a influencia cinematográfica que se reflicte nas súas imaxes, “debedoras” tamén das vangardas históricas ou da nova obxectividade alemá. Sendón incidiu así mesmo en como esta mostra antolóxica permite observar tamén unha serie de “constantes” e unha “mirada” particular de Suárez, que se manteñen ao longo da súa traxectoria, por exemplo, a través das fotografías que dedicou aos mariñeiros, tanto na década de 1930 como na de 1960, e que se distancian do costumismo, polo "posicionamento claro" que o seu autor fai patente a través das imaxes.
Un percorrido que remata en Pontevedra

Sendón e Suárez Canal, sobriño do fotógrafo, xa exerceran como comisarios de dúas exposicións monográficas sobre José Suárez en 1988 e 1993, que constituíron o punto de partida dun proxecto que tiña como obxecto elaborar un amplo catálogo da obra de Suárez. Ese traballo deu un paso adiante con Uns ollos vivos que pensan, a exposición que en 2014 presentaron na Cidade da Cultura e que posteriormente iniciou un percorrido que a levou ata Arxentina, onde o fotógrafo se exiliara en 1936, París, Tokio ou Montevideo. Unha itinerancia que, como explicou Suárez Canal, “tiña que rematar no Museo de Pontevedra”, por ser esta a única institución de Galicia na que o fotógrafo depositou parte da súa obra, concretamente preto de 150 imaxes de pequeno tamaño.

Parte delas están presentes na selección que Sendón e Suárez Canal realizaron para unha exposición que percorre a traxectoria vital de José Suárez, recollendo en primeiro termo unha serie de obras da década de 1930, como as que realizou durante a súa etapa en Salamanca ou as da serie Mariñeiros, un traballo “que transcende o marco galego, xa que é difícil atopar un traballo documental desa intensidade”, salientou Sendón. Arxentina, onde Suárez se exiliou tralo golpe de estado de 1936, e Xapón, onde residiu dous anos, tamén cobran protagonismo nesta exposición. Do mesmo xeito, esta mostra antolóxica tamén se detén nas series que o fotógrafo dedicou a La Mancha tralo seu retorno a España en 1956, e que constitúen “unha boa metáfora do que foi o franquismo”, como sinalou Sendón. A mostra complétase cunha serie de proxeccións audiovisuais, que, entre outras cuestións, permiten achegarse ás preto de 70 reportaxes que realizou en diferentes puntos de Europa para o xornal arxentino La Prensa, así como por unha selección de publicacións e de cartas do propio José Suárez.

Universidade de Vigo, 2021-03-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES