
Xunto co CRA de Rianxo, o Centro Autonómico de Innovación e Formación (CAFI) e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), este grupo da Facultade de Ciencias da Educación inicia unha liña de investigación e transferencia educativa conxunta sobre a realidade dos centros e a metodoloxía de ensino multigrao de Galicia, coa que desenvolver proxectos e accións encamiñadas a aumentar a calidade educativa do alumnado que pertencente a este tipo de espazos.
Actualmente en Galicia existe un número moi elevado de centros educativos públicos que, na súa organización, contan con aulas multigrao, o que representa un número considerable de alumnado que recibe formación nesta tipoloxía de aulas, explica a profesora e membro de Tecnoeduc, Carmen Fernández Morante. O deseño de accións que dean acompañento aos profesionais que atenden estas aulas convértese en esencial, continúa. A investigación educativa coparticipada por profesionais do ensino e persoal investigador de Ciencias da Educación será unha estratexia relevante para darlle visibilidade ao coñecemento que atesoran os docentes e a súa revisión e mellora constante, así como para facelo chegar aos futuros docentes galegos, engaden os investigadores.
Con esta agrupación búscase que, a través do traballo colaborativo entre as entidades, se desenvolvan proxectos e accións encamiñadas a aumentar a calidade educativa do alumnado que está en espazos educativos non graduados, convencidos de que a ensinanza nestas aulas proporciona unha serie de beneficios que non se obteñen en aulas graduadas. A riqueza das interaccións, a atención á diversidade e as situacións de aprendizaxe entre iguais, son algunhas das súas fortalezas, explican. Darlle visibilidade ás aulas multigrao así como o seu recoñecemento social e profesional, permitirán, a xuízo do grupo investigador, ir desenvolvendo modelos alternativos de ensinanza activa, colaborativa, educatión dixital e organización escolar.
Primeira xuntanza en liña
O equipo de traballo acaba de celebrar a primeira xuntanza en liña na que se analizou a situación actual das aulas multigrao no sistema educativo galego formulándose diferentes posibilidades de colaboración e de traballo en rede. Segundo apunta Fernández Morante, trátase dun enfoque pedagóxico con longa tradición nos Centros Rurais Agrupados que hoxe se sitúa como referente ao que mirar para transformar a educación e modernizar o sistema educativo. Ademais de Fernández Morante, por parte da USC, tomaron parte no encontro virtual Beatriz Cebreiro López, Milagros Trigo Miranda, Lorena Casal Otero e Francisco Mareque, así como os profesores Baltasar Figueiras e Paula Deira do CRA de Rianxo, Maria José Rodríguez Malmierca do CESGA e Diana Pastoriza e Malta Valderrama do CAFI. A presenza da realidade das aulas multigrao e da súa didáctica, a elaboración de proxectos de ámbito europeo ou o deseño de espazos de intercambio de prácticas educativas, foron algunhas das accións que se concretaron neste primeiro encontro.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.