Archivo (2 del 2021)

Buscador

Noticias

Neste contexto pandémico no que se unen unha certa tensión no ambiente cun enorme consumo audiovisual na rede, un novo proxecto busca recuperar o pracer do diálogo amable e construtivo entre persoas con diferentes perfís e intereses. Referentes é un proxecto audiovisual dixital, un ciclo de charlas entre persoas de referencia na nosa cultura que se poderá ver de balde na rede co obxectivo de "afondar no Nós colectivo", en palabras de Xurxo Couto.
A programación de actividades culturais deseñadas pola Área de Cultura da USC no Campus de Lugo sortearon os efectos de pandemia cun estado de saúde óptimo, segundo denotan as estatísticas de público computadas ao longo do exercicio 2020, período no que preto de 6.000 persoas participaron nos distintos cursos, seminarios, ciclos de concertos e demais accións organizadas ou promovidas pola institución académica.
José Ramón Ónega faleceu este domingo. O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, lamentou o falecemento de quen era delegado da Xunta na capital de España desde 2009. Feijóo tense referido a José Ramón Ónega como “o mellor embaixador que puido ter Galicia en Madrid” e incidiu en que formaba parte “desa ampla lexión de galegos que souberon galeguizar Madrid”. Tamén valorou o seu esforzo por converter a Casa de Galicia “nunha casa coas portas abertas para a sociedade, a cultura ou as empresas con raíces na nosa terra”.
A Comunidade galega viviu un mes de xaneiro moi frío e húmido, debido ao paso de sucesivas borrascas, cinco das cales foron nomeadas. Así se desprende do avance do último informe climatolóxico de MeteoGalicia, que conclúe que o primeiro mes de 2021 quedou caracterizado por dúas partes moi diferentes: as primeiras semanas foron moi frías, pero en xeral secas; mentres que na segunda quincena se rexistrou a continua chegada de borrascas, que provocaron chuvias xeneralizadas.
A Cidade da Cultura de Galicia levará ao vindeiro mes de maio a celebración do festival Escenas do cambio, previsto do 18 ao 21 de febreiro, debido ás limitacións sanitarias que afectan á organización dun evento internacional no que participan artistas e compañías procedentes de cinco países (España, Portugal, Francia, Reino Unido e Xapón). Este festival cumpre a súa sétima edición e, neste ano, estrea dirección da man de Lola Correa,
'Sin piel' é o título da exposición na que a artista Marina Núñez presenta preto de medio cento de obras, tanto pictóricas como videocreacións, que afondan nas relacións do ser humano tanto co medio ambiente como coa tecnoloxía, mostra coa que nestes días a sala Kubo Kutxa de San Sebastián abría a súa programación de 2021. Comisariada pola historiadora da arte Susana Blas, a exposición alude no seu título á 'eliminación da fronteira que nos illa do exterior: a pel'.
O rol dos super-contaxiadores como “catalizadores perfectos” da pandemia por mor da COVID-19, acaba de ser subliñado polos profesores da USC Antonio Salas e Federico Martinón na revista Science. “Responsabilizar a unha cepa do caos que estamos vivindo é unha enorme simplificación do algoritmo da pandemia”, apuntan os científicos logo de analizar máis de 166.000 xenomas completos do coronavirus.
O réxime de confinamento vivido en España durante a primeira vaga de contaxios por mor da COVID-19 chegou demasiado tarde nalgunhas provincias, ao tempo que podería terse acortado noutras. Esa é unha das conclusións que acaban de obter científicos da USC logo de fixar niveis de alerta epidemiolóxica en base á análise dos 250.000 casos de COVID-19 diagnosticados entre febreiro e xuño de 2020. O estudo que acaba de ser publicado na revista Archivos de Bronconeumología, revista da Sociedade Española de Neumoloxía.
O premio, que leva o nome do cámara ferrolán asasinado en Bagdad no 2003, ten o obxectivo de recoñecer e difundir o traballo dunha persoa viva ou organización existente destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional, libre e independente. Calquera colexiado do CPXG ou socio do Club de Prensa de Ferrol pode entregar unha proposta.
Tivo lugar a reunión do Padroado da Fundación MARCO que fixo balance de 2020 e aprobou a programación de exposicións previstas para 2021, sempre que a situación sanitaria o permita. A Dirección do Museo fixo énfase na necesidade de continuar a liña de traballo iniciada a finais de 2019, mantendo activa a programación e dando prioridade ás necesarias tarefas de mantemento do edificio e da súa infraestrutura.
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (118)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES