Archivo (2 del 2021)

Buscador

Noticias

A Xunta de Galicia facilitará que toda a poboación galega teña acceso a servizos financeiros no seu concello, de modo que dispoñan dun caixeiro automático no seu municipio e poidan acceder tamén a servizos de asistencia financeira e de formación en banca electrónica. A FEGAMP actuará como intermediaria entre a Administración galega e as entidades locais e trasladará a todos os concellos toda a información.
Transcorridos catro meses desde o seu inicio, un período centrado na posta a punto e optimización dos protocolos de secuenciación do xenoma completo do SARS-CoV-2 e na recollida de máis de 2300 mostras de ARN do virus de toda Galicia, o proxecto Epicovigal entra na súa segunda fase, a de traballar no seu obxectivo principal, que é a monitoraxe xenómica en tempo real da pandemia en Galicia, “o que permitirá entender que está a pasar”, explica o catedrático da UVigo e coordinador do proxecto, David Posada.
Científicos da USC no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) acaban de demostrar a formación de novas estruturas supramoleculares en disolucións acuosas, o que abre a porta a un novo tipo de líquidos con novas propiedades fisicoquímicas. O traballo froito da colaboración entre diferentes grupos de investigación do centro, publicouse na revista Angewandte Chemie.
O Festival Internacional de Narración Oral Atlántica vai celebrar a súa novena edición no verán. Así e todo, o vindeiro 20 de marzo Atlántica ten previsto organizar un intenso programa de actividades por toda Galicia para conmemorar o Día Internacional da Narración Oral. A programación desvelarase nas próximas datas e o evento será un petisco do que chegará no verán se as condicións sanitarias o permiten.
'A recuperación económica ten que ser dixital', así o afirmou a secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, Carme Artigas, no transcurso dun acto que serviu para presentar a Nova Estratexia Nacional de Intelixencia Artificial (ENIA). A presentación, conducida dende o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS), permitiu debullar os detalles desta folla de ruta.
Un achegamento a un escritor pioneiro e influente. Así podería definirse o documental titulado 'Raymond Roussel: El día de Gloria', que ten a súa orixe nunha montaxe cinematográfica coa que Salvador Dalí quixo honrar a Roussel hai case 50 anos. A introdución de 'El día de Gloria' na plataforma Filmin permite que os espectadores descubran a figura dun autor francés que desenvolveu a súa carreira nos primeiros anos do século XX.
Un dos proxectos de investigación que está a recibir financiamento do programa de micromecenado da USC ‘Sumo Valor’ é o liderado polo físico Jorge Mira, un dos poucos beneficiados en Galicia polo Fondo COVID-19 do Instituto de Salud Carlos III. O seu grupo está a traballar na predición dinámica de escenarios de afectación por COVID-19 a curto e medio prazo. O obxectivo é predicir cal vai ser o avance da pandemia, co fin de poder anticiparse e poder tomar as medidas de prevención necesarias.
A Cidade da Cultura de Galicia, no marco das iniciativas dixitais desenvolvidas para que as restricións da pandemia non impidan acceder aos seus contidos culturais, ofrecerá esta fin de semana visitas guiadas á exposición As miradas de Isaac emitidas en directo a través da súa canle de Youtube. Nas visitas guiadas en liña afondarase no contidos dun mostra na que a través de dez seccións se fai un completo percorrido vital e profesional dun creador poliédrico.
Investigadores das universidades de Santiago de Compostela e Vigo, no marco do proxecto de investigación Predico (Predición dinámica de escenarios de afectación por covid-19 a curto e medio prazo), lograron desenvolver un novo modelo matemático co que avaliar como manter o equilibrio entre reducir as taxas de contaxio e a necesidade de reabrir as economías.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (125)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES