Notas de prensa

O Festival Atlántica 2021 de narración oral adíase ata o verán

O Festival Internacional de Narración Oral Atlántica vai celebrar a súa novena edición no verán. Así e todo, o vindeiro 20 de marzo Atlántica ten previsto organizar un intenso programa de actividades por toda Galicia para conmemorar o Día Internacional da Narración Oral. A programación desvelarase nas próximas datas e o evento será un petisco do que chegará no verán se as condicións sanitarias o permiten.

O Festival Internacional de Narración Oral Atlántica vai celebrar a súa novena edición no verán. A organización do encontro, que adoita desenvolverse durante o mes de marzo, decidiu pospoñer esta veterana cita cos contos por mor da pandemia. Malia as ganas de se xuntar arredor das historias, o Festival é consciente de que agora a prioridade e coidar o público e os artistas, así que Atlántica 2021 agardará polo verán para podelo celebrar en condicións que garantan a seguridade dos participantes.

Así e todo, o vindeiro 20 de marzo Atlántica ten previsto organizar un intenso programa de actividades por toda Galicia para conmemorar o Día Internacional da Narración Oral. A programación desvelarase nas próximas datas e o evento será un petisco do que chegará no verán se as condicións sanitarias o permiten.

Ata entón, a organización de Atlántica agradece publicamente o apoio das institucións, empresas, artistas e público que fan posible o Festival.

Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, 2021-02-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES