Notas de prensa

Científicos de Galicia e Portugal avalían o equilibrio entre reducir as taxas de contaxio pola covid-19 e a reapertura das economías

Investigadores das universidades de Santiago de Compostela e Vigo, no marco do proxecto de investigación Predico (Predición dinámica de escenarios de afectación por covid-19 a curto e medio prazo), lograron desenvolver un novo modelo matemático co que avaliar como manter o equilibrio entre reducir as taxas de contaxio e a necesidade de reabrir as economías.

En base ao estudo da evolución da pandemia en Portugal, os científicos, xunto co equipo do proxecto homólogo que se está a desenvolver no país veciño, desenvolveron un novo modelo matemático co que levar a cabo un “control eficaz da pandemia”.

O artigo Optimal control of the covid-19 pandemic: controlled sanitary deconfinement in Portugal, que acaba de ver a luz na revista Scientific Reports, do grupo Nature, presenta os resultados obtidos logo de aplicar a teoría matemática do control óptimo, en combinación coa análise da rede social Twitter dese país, para axustar a curva portuguesa de persoas infectadas. Alberto Pérez Muñuzuri, Alejandro Carballosa, Juan Nieto e Jorge Mira son os científicos da Universidade de Santiago de Compostela que asinan a investigación xunto a Iván Area da Universidade de Vigo.

O equipo afondou na evolución da pandemia durante a primeira onda en Portugal, un país no que, durante o seu confinamento, explican os investigadores do proxecto, concorreron circunstancias de homoxeneidade (a nivel de comportamento poboacional, sen fragmentación territorial e de regulamentacións) e illamento de fluxos de visitantes exteriores. “Estas características, sumadas ao seu relativamente gran tamaño de poboación, fixeron dese país un bo exemplo a analizar”, sinalan. “As políticas de confinamento adoptadas foran ben implementadas e evitaron unha sobrecarga do sistema nacional de saúde portugués”, engaden os investigadores.

Estudo da rede social

Os autores do artigo propoñen nel un modelo matemático que axustou a curva portuguesa de persoas infectadas, con parámetros corrixidos en base á análise da rede social Twitter do país veciño, para detectar mudanzas na opinión pública ao longo do tempo. A continuación, aplicaron a teoría matemática do control óptimo, coa que determinaron “estratexias que maximicen o número de persoas que poidan retornar á vida normal, minimizando ao mesmo tempo o número de infectados activos, con custos económicos mínimos e garantindo un baixo nivel de hospitalizacións”, explican os investigadores. Deste xeito, engaden, lógrase determinar a intensidade e duración dos períodos de desconfinamento que “permiten manter o número de infectados activos, e consecuentemente de hospitalizacións, por debaixo dun nivel considerado seguro para o sistema nacional de saúde”.

A teoría do control óptimo é unha rama das matemáticas que ofrece unha ferramenta para abordar o problema de atopar estratexias óptimas para deter a transmisión do SARS-CoV-2. “É unha poderosa ferramenta para deseñar estratexias de control e actuar de maneira óptima nun sistema dado”, sinalan os investigadores do estudo, engadindo como “pode axudar ás autoridades sanitarias a comprender, anticipar e mitigar a propagación do virus e avaliar a efectividade potencial de estratexias de prevención específicas”.

Cristiana Silva, Carla Cruz e Delfim F.M. Torres, da Universidade de Aveiro; Rui Fonseca-Pinto, da Politécnica de Leiria; Rui Passadouro e Estevaõ Soares dos Santos, do ACES Pinhal Litoral, e Wilson Abreu, do Centre for Health Technology and Services Research de Porto, completan por parte de Portugal a listaxe de asinantes do artigo publicado este mércores en Scientific Reports. O proxecto Predico, liderado pola USC, conta con financiamento do Ministerio de Ciencia e Innovación do Goberno de España.

Universidade de Vigo, 2021-02-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES