Notas de prensa

O MARCO avanza a súa programación de exposicións para o primeiro semestre de 2021

Tivo lugar a reunión do Padroado da Fundación MARCO que fixo balance de 2020 e aprobou a programación de exposicións previstas para 2021, sempre que a situación sanitaria o permita. A Dirección do Museo fixo énfase na necesidade de continuar a liña de traballo iniciada a finais de 2019, mantendo activa a programación e dando prioridade ás necesarias tarefas de mantemento do edificio e da súa infraestrutura.

Nun balance positivo tras un ano especialmente complexo, ao longo deste 2020 conseguiuse manter a actividade cultural en condicións sanitarias seguras, e paralelamente avanzar en tareas prioritarias a medio e longo prazo: reparación de cubertas, acondicionamento de distintos espazos, instalación de novos sistemas de peche, e establecemento de criterios de eficiencia e control de gasto enerxético, en liña coas directrices do ICOM e os seus Obxectivos para un Desenvolvemento Sostible.

Ao mesmo tempo, avanzouse na colaboración con outras institucións (Universidade de Vigo, Fundação Carmona e Costa, Instituto Camões, AC/E, Fundación “la Caixa”, Fundación Sabadell, Fundación ABANCA) e museos, nomeadamente o MEIAC de Badaxoz para a coprodución e itinerancia das exposicións de Celeste Garrido e Glenda León en ambas as dúas sedes.
Cara ás perspectivas de futuro e programación de 2021, un dos feitos máis relevantes é a próxima reapertura das salas de exposición da planta baixa, o que —sempre que a situación o permita— recuperará para o público algúns dos espazos máis singulares do edificio. Para esta especial ocasión, a proposta reúne “4 PROXECTOS” dos artistas Mónica Alonso, Mar Vicente, Salvador Cidrás/Juan Cidrás, e Rosendo Cid, concibidos específicamente para cada un dos espazos da planta baixa.

A partir de mediados de abril, reforzando este interese e compromiso polas mostras de producción propia, a individual de Din Matamoro centrará a programación nas salas do primeiro andar. Un percorrido pola obra máis recente e evocadora dun artista esencial, que coincidirá no tempo coa mostra de Glenda León, posible grazas á colaboración co MEIAC de Badaxoz; Museo que comparte co MARCO o seu pasado como cárcere, un feito co que establecen un diálogo algunhas das obras presentes nesta exposición.

AVANCE EXPOSICIÓNS 2021

PLANTA BAIXA

26 marzo - 29 agosto
“4 PROXECTOS”
Mónica Alonso
Mar Vicente
Salvador Cidrás e Juan Cidrás
Rosendo Cid

PRIMEIRO ANDAR

Din Matamoro
16 abril - 12 setembro 2021

Glenda León
Abril - agosto 2021

PLANTA BAIXA

Manuel Quintana Martelo
10 setembro – 9 xaneiro 2022

PRIMEIRO ANDAR

Alfredo Alcain
24 setembro 2021 - febreiro 2022

XXV Maratón Fotográfico “Concello de Vigo”
Outubro - decembro 2021

MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, 2021-02-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES