Archivo (2 del 2021)

Buscador

Noticias

O 28 de febreiro cúmprense 40 anos do pasamento de Álvaro Cunqueiro, “o mellor fabulador das literaturas ibéricas do século XX”, segundo Xosé Henrique Costas González, catedrático do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVigo, cuxa Facultade de Filoloxía e Tradución acollerá entre os días 2 ao 5 de marzo unha serie de actos de homenaxe ao escritor. Se ben, o narrador, poeta e xornalista finou hai catro décadas, o traballo de persoas que estudan a súa obra, segue a dar froitos.
Os científicos da USC José Tubío e Martín Santamarina tomaron parte na secuenciación de 64 xenomas humanos a unha resolución sen precedentes. O traballo, que acaba de publicarse na revista Science, abre o camiño á seguinte xeración de estudos sobre variación xenética e constitúe un importante paso ao revelar a cara oculta do xenoma e ampliar o coñecemento sobre a diversidade xenética antes oculta no ADN das poboacións humanas.
Meses antes de que se producise a chegada do rover Perseverance a Marte, a Axencia Espacial Europea (ESA) xa evidenciara o seu interese en emprender un proxecto que, de levarse a cabo, volvería situar o foco de atención na Lúa. Co obxectivo de levar a cabo unha misión de exploración das covas do satélite terrestre, a ESA lanzou a mediados de 2019 un chamamento para a presentación de proxectos.
O Concello de Begonte vén de recabar o apoio da Xunta de Galicia co CEIP de Begonte a través dun investimento de 600.000 € para a mellora das súas instalacións educativas. O goberno begontino amosa a súa satisfacción por esta importante inxección económica que lle trasladou o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, ao alcalde, José Ulla Rocha, no decurso dunha xuntanza en Santiago.
Analizar, poñendo o foco no cómic xaponés, que transformacións formais, estéticas e narrativas xerou na banda deseñada a súa convivencia ao longo das dúas últimas décadas co cómic dixital. Este é un dos obxectivos do proxecto Estudos transdisciplinares sobre cómic, do grupo de investigación dx5 (digital & art graphic research), que busca definir as características do que definen como “manga posdixital”.
A sociedade galega depositou no ano 2020 unha media de 322 envases de vidro por minuto. Así se recolle no informe de resultados elaborado por Ecovidrio, entidade sen ánimo de lucro encargada da xestión da reciclaxe de residuos de envases de vidro en España. Así, en Galicia recolléronse un total de 49.380 toneladas de residuos de vidro a través do contedor verde, é dicir, cada galego realizou unha achega de 18,3 kg/habitante de vidro, ou o que é o mesmo, 63 envases por persoa.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, compareceu no Parlamento de Galicia para proporcionar á Cámara galega información sobre a situación da pandemia na nosa comunidade, a súa evolución, así como os avances realizados no Plan galego de vacinación. García Comesaña anunciou que o Sergas vai poñer en marcha unidades de seguimento multidisciplinares para os pacientes covid.
O vindeiro venres 26 de febreiro terá lugar a cerimonia de entrega dos Premios Galicia de Innovación e Deseño. O certame conta con seis categorías. Tres delas para recoñecer a profesionais e empresas galegas que teñen a innovación como un elemento clave para o desenvolvemento, e outras tres para os profesionais e empresas que contribúen de maneira significativa á mellora do prestixio do deseño galego.
Cos obxectivos de que a xente nova fale máis galego e perfeccione o seu uso tanto dentro como fóra das aulas, a Xunta de Galicia pon en marcha desde hoxe a terceira edición do programa de dinamización lingüística 21 Días co Galego e +, que conta coa participación dun total de 3738 persoas (alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos) de dez centros.
A Rede de Técnicos de Inserción Laboral deLugo (TIL), constituída como un foro de encontro, discusión e traballo, no que participa a USC, a través da súa Área de Orientación e Inserción Laboral, xunto con outras dezaseis entidades que prestan servizos a persoas en situación de vulnerabilidade ou exclusión social, pon o foco sobre os “dramas” que está a provocar a pandemia causada pola COVID-19 na situación sociolaboral dos colectivos máis vulnerables da sociedade.
« Anterior | 1  de  4 | Siguiente »

Archivo

2021 (197)

2020 (459)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania