Notas de prensa

O Concello de Begonte recaba o apoio da Xunta para a mellora do CEIP cun investimento de 600.000 euros

O Concello de Begonte vén de recabar o apoio da Xunta de Galicia co CEIP de Begonte a través dun investimento de 600.000 € para a mellora das súas instalacións educativas. O goberno begontino amosa a súa satisfacción por esta importante inxección económica que lle trasladou o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, ao alcalde, José Ulla Rocha, no decurso dunha xuntanza en Santiago.

Este investimento vai na liña do proxecto do Concello de mellorar e ampliar a oferta educativa, centralizando os recursos educativos no CEIP de Begonte ao tempo que dotarnos dun Conservatorio de Música en Baamonde, vencellado ao proxecto Músico Crisanto.

Deste xeito, amplíase a oferta educativa ao tempo que se garanten todos os servizos xa que todos os alumnos que actualmente acoden ao Colexio de Baamonde –tanto os de fóra do concello (parroquias de Soexo e Pígara) como os begontinos (Baamonde e Pacios)-, seguirán a ter no Colexio de Begonte os mesmos servizos de comedor e transporte escolar ca na actualidade.

Coa realización deste proxecto, no canto de ter dous colexios con débil matrícula, Begonte terá un colexio fortalecido, que pola calidade do seu ensino atraerá matriculación doutras zonas, e un Conservatorio de música para uns 200 futuros músicos, unha localidade que centralizará as demandas dunha gran parte da comarca.

Desde a Alcaldía de Begonte invítase a todos os posibles interesados, mesmo de fóra do concello, a que teñan en conta estas circunstancias no próximo período de matriculación, para poder beneficiarse da mellora que a educación vai experimentar neste concello.

Concello de Begonte, 2021-02-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES