
Estes premios son unha iniciativa da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), para distinguir a contribución de profesionais e empresas ao desenvolvemento económico e social en Galicia a través da innovación e do deseño.
O certame conta con seis categorías. Tres delas están especificamente dirixidas a recoñecer a aqueles profesionais e empresas galegas que teñen a innovación como un elemento clave para o desenvolvemento da súa estratexia profesional e o seu crecemento empresarial. As grandes empresas finalistas son Egatel, Televés e Cupa Innovación. As pemes preseleccionadas foron Magallanes Renovables, Situm Tecnnologies e Marine Instruments. A maiores, será entregado o premio da categoría de traxectoria innovadora á persoa que, a criterio do xurado, fixo unha maior contribución nos últimos anos ao avance da innovación en Galicia de entre todos os candidatos.
As outras tres categorías distinguirán aos profesionais e empresas que contribúen de maneira significativa á mellora do prestixio do deseño galego e ás compañías que, ao incorporalo á súa estratexia empresarial, demostran que o deseño actúa como motor de innovación e competitividade. Os profesionais finalistas son os equipos creativos dos estudios de deseño Cenlitrosmetrocadrado, Fruto DS e Costa Comunicación Visual.
As empresas preseleccionadas como casos de éxito de incorporación do deseño á súa estratexia empresarial son D-due, Televés e Bico de Xeado. As tres deseñadoras menores de 35 anos elixidas finalistas son Eva Yarza cofundadora xunto coa súa irmá do estudio Yarza Twins e Premio Nacional de Deseño e Innovación 2020 , Sofía Blanco profesional independente que traballou nos estudios Christian Kerez Gmbh en Berlín e Ábalos+Sentkiewicz en Madrid e Beatriz Lema profesional independente, gañadora do XII premio Banda Deseñada Castelao.
Os recoñecementos para a traxectoria innovadora na categoría de gran empresa e o premio para empresas no apartado de deseño terán carácter honorífico, e todos os demais contan cunha dotación económica de 15.000 euros cada un.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.