
A Rede TIL deu visibilidade ás múltiples situacións de desesperanza que están a soportar moitas persoas por mor da pandemia no marco da xornada Xustiza social e emprego: Emprego e economía mergullada en tempos de Covid, un foro en liña promovido co gallo da celebración do Día Mundial da Xustiza Social e presentado pola vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto, no que participaron como relatoras catro mulleres ligadas co terceiro sector cuxa actividade profesional está encamiñada a erradicar a pobreza e a promover o emprego, a igualdade e o acceso ao benestar social para todas as persoas.
A técnico do Programa de Sensibilización Intercultural e Participación de Familias Migrantes en Accem Zinthia Álvarez abriu a quenda de intervencións cun relatorio sobre a situación do emprego e a conciliación en familias vulnerables trala COVID. Os efectos psicolóxicos causados pola pandemia nas persoas en situación de vulnerabilidade que están a buscar emprego centraron logo a exposición da psicóloga sanitaria e forense Raquel Lombao Fernández. A traballadora social do Concello de Bóveda e profesora asociada da UVigo, Begoña Sánchez Roura, e a voceira da Asociación de Empregadas de Fogar Xiara, Teresa Rodríguez Vilaseco, completaron a quenda de relatorios con dúas charlas sobre traballo decente e experiencias de emprego somerxido.
A xornada de análise e debate organizada pola Rede TIL chegou ao seu colofón coa lectura do manifesto Xustiza Social e Emprego, un documento que reivindica que os poderes públicos favorezan un sistema económico no que a persoa se sitúe no centro. Un sistema económico sostido, sostible e inclusivo, encamiñado ao pleno emprego. A promoción dun acordo social a prol do compromiso contra a pobreza e a exclusión en España e a conversión do traballo nun dereito efectivo que garanta a dignidade e a xustiza social para todas as persoas, centran outras das demandas esgrimidas neste manifesto da Rede TIL.
Entidades da Rede TIL Lugo
A Rede TIL Lugo, liderada pola Área de Orientación e Inserción Laboral da USC no Campus de Lugo, conta na actualidade entre as súas entidades adheridas coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), Asociación Síndrome Down de Lugo, Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Fademga), Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), Cruz Vermella Española-Lugo, Federación Asociacións de Familiares e persoas con enfermidades mentais de Galicia (Feafes Galicia), Fundación Secretariado Xitano, Fundación Juan Soñador, Fundación Educativa e Social Dignidade, Aliade Ultreia, Accem, Alar, Galicia Diaconía, Alar, Cáritas Diocesana Lugo e Igaxes.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.