Buscador
Noticias
Bernarda Espida é un personaxe ficticio, creado polo escultor Xavier Costa, que cobra vida para relatar, desde o seu nacemento e ata a súa norte, a cámara dos horrores que o último terzo do século XX e o principio do XXI foi para moitas mulleres en diversos puntos do mundo. 54 pezas esculpidas ao longo de cinco anos en pedra, madeira e ferro, e por outros tantos gravados, que son o relato pictórico da historia desta heroína galega
Tras un ano de parón provocado pola pandemia, neste 2021 a Semana de Cine Submarino si poderá celebrar o seu trinta aniversario. E farao coa proxección de seis documentais entre este mércores 17 e o venres 19 nos que terá especial relevancia a vida oceánica e os tesouros da península ibérica.
A Xunta de Galicia, coa colaboración e apoio dos xestores de pilas autorizados Ecopilas, ERP e Ecolec, impulsa un ano máis a campaña escolar Pilabot, unha iniciativa para promover a concienciación das novas xeracións sobre a reciclaxe a través dun concurso de recollida de pilas, acumuladores e baterías usadas entre colexios de Primaria e Secundaria de toda a Comunidade.
Presentada pola Catedrática de Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña, Amparo Alonso, no curso 'A Cidade das TIC: construíndo un futuro dixital' organizado polo reitor da UDC, Julio Abalde, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, definiu o proxecto da Cidade das TIC como un instrumento de colaboración para reter e atraer talento.
Os Encontros Internacionais de Filosofía no Camiño de Santiago estarán dedicados na súa décimo sexta edición a 'Pensar o mundo despois da Pandemia' e están concibidos como unha homenaxe a Emilia Pardo Bazán. O seu programa celebrarase entre os días 18 e 20 en modalidade semipresencial na USC, organizado pola Sociedade Interuniversitaria de Filosofía (SIFA) e a Sociedade Galega de Estudos Nipóns.
A Cátedra de Feminismos 4.0, impulsada pola Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo, celebrará o próximo 18 de novembro a terceira edición do workshop Sociedade dixital e xénero. Hackeando o patriarcado, co obxectivo de manter activo un espazo de reflexión colectiva ao redor do denominado patriarcado dixital.
A catedrática de Medicina Legal e Forense e directora do Instituto de Ciencias Forenses (Incifor) da USC, Victoria Lareu Huidobro, será distinguida co premio María Josefa Wonenburguer deste ano, unha decisión comunicada no último pleno da Unidade Muller e Ciencia da Xunta de Galicia. Con este premio, o goberno autonómico recoñece a traxectoria de mulleres galegas, que destacan pola súa contribución á área das ciencias e á tecnoloxía.
Membros do Foro Económico de Galicia, encabezados polo seu presidente, Emilio Pérez Neto, e o seu director, Santiago Lago Penas, catedrático da Universidade de Vigo, mantiveron este xoves un encontro co gobernador do Banco de España, Pablo Hernández de Cos. Á sesión asistiron medio centenar de convidados, membros da entidade organizadora e representantes do sector económico galego.
Un dos maiores desafíos na procura dun tratamento contra a obesidade, que afecta hoxe en día a aproximadamente 650 millóns de persoas en todo o mundo, céntrase en actuar sobre os mecanismos que regulan a masa corporal, localizados sobre todo no hipotálamo. Con esta nova estratexia logrouse reverter a obesidade en ratos moi obesos, a pesar de seguir inxerindo unha dieta con elevado contido en graxa.
A idea do cinema como un xeito de expresarse e comunicarse, máis aló de narrativas ou formatos, centrou o coloquio que protagonizaron na Facultade de Belas Artes os artistas Ana Domínguez e Ángel Rueda, directores do Festival S8, a Mostra de Cinema Periférico da Coruña. A actividade serviu para anunciar a nova sección, Paraíso, que o festival estreará en 2022 e que estará dedicada as inquedanzas, experiencias e traballos das facultades de Belas Artes.