
Todas intervencións programadas están agrupadas arredor dunha serie de paneis temáticos dedicados a cuestións como ‘Coidar o serÂ’, a ‘Visión orientalÂ’, ‘É posible outro mundo?Â’ ou ‘Pensar o mundo en feminino: Emilia Pardo Bazán cen anos despoisÂ’. As conferencias e relatorios correrán da man de especialistas procedentes de universidades españolas, francesas, portuguesas ou xaponesas, entre outras, que explorarán os efectos da pandemia na identidade, na dimensión afectiva e a alteridade; o tratamento do coidado na era dixital; a conciencia relixiosa; a perspectiva do corpo seguro; ou a concepción da nova normalidade e a homo postpandemia. Ademais da programación cientÃfica está prevista tamén a inauguración da exposición de pintura ‘Crónica da pandemiaÂ’ do pintor Anto Chozas, asà como o acto de entrega da terceira edición do premio Sapientia.
A programación de actividades do Encontro completarano a presentación de catro libros Historia de la Hermenéutica. Devenir y actualidad de la filosofÃa de la interpretación, La luz entre las tinieblas: AgustÃn de Hipona y Tomás de Aquino, Caminos del pensamiento japonés e FilosofÃa e utopÃa. Tamén está prevista unha homenaxe póstuma a Megumi Shiozawa. A formalización de inscricións pode formalizarse ata 15 de novembro. As persoas interesadas poden dirixirse a rocio.carolo.tosar@usc.es ou contactar a través dos teléfonos 881 812 519.
A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, sÃmbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao perÃodo lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantÃs.