
Esta médica formouse na USC e en centros estranxeiros de prestixio en materia de medicina forense como o Instituto de Medicina Legal de CoÃmbra en Portugal, ou nos centros Haematology Departmen London, Hospital Medical College de Londres e no Forensic Science Service de Birmingham.
Na actualidade, Lareu compaxina o traballo de laboratorio dentro do Instituto de Ciencias Forenses Luis Concheiro coa actividade docente na Facultade de Medicina e OdontoloxÃa. Este servizo recibiu encargos, entre outros moitos, para axudar á identificación das vÃtimas dos atentados do 11-S e do 11-M, análise de restos históricos de Atapuerca ou da Guerra Civil, do tsunami do Océano Ãndico, ou das nenas asasinadas en Alcasser.
Lareu é especialista no campo da xenética forense, onde participou no deseño de ferramentas básicas en pericia de xenética forense hoxe de uso mundial. Na actualidade a súa actividade dirÃxese principalmente a campos pioneiros da investigación forense como a aplicación de tecnoloxÃas de secuenciación masiva de nova xeración ou o estudo de aplicación da marca epixenética do xenoma humano. A galardoada colabora ademais na análise de mostras biolóxicas en casos de criminalÃstica, o que lle permitiu percibir a cruz con distintivo branco da Orde de Mérito da Garda Civil.
Pioneiras
O premio MarÃa Josefa Wonenburger distingue a aquelas mulleres galegas con traxectorias notables nos eidos das ciencias e da tecnoloxÃa e trata de facer chegar á sociedade as contribucións feitas por elas e que sirvan de exemplo a xeracións vindeiras. Este galardón outórgase anualmente dende o ano 2007 a través da Unidade de Muller e Ciencia e ao longo da súa traxectoria recoñeceu as figuras de Amparo Alonso Betanzos (2020), Mabel Loza GarcÃa (2019), Alicia Estévez Toranzo (2018), Begoña Vila Costas (2017), Peregrina Quintela Estévez (2016), Isabel Aguirre de Úrcola (2015), Carmen GarcÃa Mateo (2014), MarÃa José Alonso (2013), MarÃa Tarsy Carballas Fernández (2012), Ofelia Rey Castelao (2011), Carmen Navarro Fernández-Balbuena (2010), MarÃa S. Soengas González (2009), MarÃa Teresa Miras Portugal (2008) e Inmaculada Paz Andrade (2007).
O premio leva o nome da investigadora e matemática galega MarÃa Josefa Wonenburger, unha autentica pioneira e referente feminino internacional no ámbito das ciencias e que foi unha cientÃfica adiantada ao seu tempo.
A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, sÃmbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao perÃodo lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantÃs.