Notas de prensa

Lanzada a terceira edición da campaña escolar de reciclaxe 'Pilabot' co reto de superar as 59 toneladas de pilas recuperadas o curso pasado

A Xunta de Galicia, coa colaboración e apoio dos xestores de pilas autorizados Ecopilas, ERP e Ecolec, impulsa un ano máis a campaña escolar Pilabot, unha iniciativa para promover a concienciación das novas xeracións sobre a reciclaxe a través dun concurso de recollida de pilas, acumuladores e baterías usadas entre colexios de Primaria e Secundaria de toda a Comunidade.

Durante unha visita ao CEIP As Solanas da Guarda, que durante o curso 2019-2020 gañou o primeiro premio ao recuperar máis de 4 toneladas destes residuos, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ãngeles Vázquez, subliñou que grazas ao esforzo de todo o alumnado participante na pasada edición se reciclaron un total de 59 toneladas de pilas, é dicir, 15 toneladas máis que na primeira convocatoria.

O obxectivo da que será a terceira convocatoria de Pilabot, explicou a conselleira, será superar estas cifras, para o que animou aos centros educativos de toda Galicia a implicarse na campaña, que conta cun total de 150 prazas dispoñibles.

Desde hoxe e ata o vindeiro 10 de decembro todos os colexios galegos interesados en participar nesta iniciativa poderán inscribirse a través da páxina web de Pilabot.

A actividade central volverá ser o concurso escolar de reciclaxe de pilas, baterías e acumuladores de xeito que unha vez pechada a inscrición, repartiranse entre todos os participantes bidóns colectores e material informativo como paso previo ao arranque da recollida, que comezará oficialmente o 13 de xaneiro e se prolongará en cada centro durante un período de seis semanas.

Tras insistir nos excelentes resultados das dúas edicións anteriores de Pilabot, Ãngeles Vázquez felicitou ao alumnado do CEIP As Solanas e ao do resto de colexios que se implicaron o curso pasado na campaña polo compromiso amosado coa reciclaxe de pilas, un dos residuos máis perigosos e contaminantes que se xeran nos fogares.

Neste sentido, a conselleira lembrou que a concienciación da sociedade galega no seu conxunto con respecto a este material e a necesidade de reciclalo vai en aumento, destacando que no período 2018-2020 a recollida deste tipo de residuos creceu un 60%.

“Sodes un exemplo a seguir e marcades tendencia”, declarou a conselleira, quen destacou que o ano pasado unha de cada cinco pilas recuperadas en Galicia foron achegadas polos 150 centros educativos que participaron en Pilabot. Unhas cifras “espectaculares” e que na súa opinión son un bo exemplo da efectividade deste tipo de campañas de concienciación sobre o impacto ambiental de determinado tipo de residuos.

Cómpre lembrar que, ademais do CEIP As Solanas da Guarda, no marco da segunda edición do concurso tamén resultaron galardoados o CEIP da Cruz, de Nigrán, —segundo premio na categoría de recollida total de pilas— o Centro Rural Agrupado Amencer, de Ribadavia, —que ao igual que no curso anterior acadou a primeira posición en canto a quilos recuperados por alumno— e o CEIP de Caión, na Laracha, —que quedou en segundo lugar nesta mesma categoría—.
Reciclar ten premio

Os gañadores do terceiro concurso de reciclaxe de pilas Pilabot, que se prolongará ata o vindeiro 31 de marzo e durante o cal os centros participantes competirán entre si para acadar as mellores cifras de recollida, repartiranse 7.500 euros divididos en catro premios: dous de 2.500 euros cada un para o centro que máis quilos recupere e para o que teña a mellor taxa de recollida por alumno, e outros dous de 1.250 euros para os segundos clasificados en cada unha destas categorías.

Os colexios que ao remate da competición resulten galardoados deberán destinar o diñeiro dos premios á compra de material escolar, deportivo ou á organización de actividades educativas co seu alumnado.

En todo caso, a campaña Pilabot tamén incluirá outro tipo de actividades, como charlas e talleres de sensibilización ambiental, material específico da iniciativa á disposición dos centros participantes e un certame artístico de carácter individual que baixo o lema #EuSonPilabot porá a proba a imaxinación e a creatividade dos escolares galegos.

Pilabot 2021, 2021-11-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (estacions-ano-cdc.jpg) A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, símbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Foto de la tercera plana (infancia_2.jpg) Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao período lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantís.

Notas

Ducias de persoas participaron nas actividades do Vendaval, Mostra de Cinema Portugués na Ribeira Sacra, que entre o 25 e o 30 de agosto levou proxeccións, concertos, conversas e encontros con cineastas a diferentes espazos da comarca. Unha proposta cultural diferente, de balde e vinculada ao territorio que volverá durante o outono e a primavera con dous novos pases e novas propostas cinematográficas.
A USC vén de reafirmar a súa aposta en prol da administración dixital e de que parte dos seus servizos poidan ser prestados de xeito eficaz por medios telemáticos, coa renovación (2026-2028) do Certificado de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade no seu nivel medio. Isto é froito do traballo conxunto da Secretaría Xeral, a unidade de Seguridade da Información que coordinou o proceso, a Ãrea TIC, e o Comité de Seguridade da Información.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES