Archivo (11 del 2021)

Buscador

Noticias

Cada curso académico a mostra itinerante Exxperimenta en Feminino achégase a centros educativos galegos co obxectivo de visibilizar mulleres destacadas na historia da ciencia, a tecnoloxía e a enxeñaría. Este cuadrimestre, son sete os centros que acollerán unha exposición que forma parte das accións postas en marcha polo colectivo Exxperimenta en Feminino.
A investigadora Lara Rouco Méndez desenvolve na tese de doutoramento, presentada naUSC baixo o título 'Estudo da aplicabilidade de catalizadores biométricos con actividade redox en procesos químicos e farmacolóxicos', novos modelos artificiais capaces de reproducir as función de enzimas con actividade redox.
Despois das dificultades, cambios e cancelacións do 2020, este curso regresarán, e con forza, as actividades de divulgación científica e ciencia cidadá á Universidade de Vigo. As vicerreitoras de Investigación, Belén Rubio, e Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama, presentaron este luns no edificio Redeiras o programa Ciencia de ida e volta, o plan anual de actividades para o curso 2021-2022 da Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo.
A USC e o grupo empresarial Aresa manteñen aberto o prazo de presentación de candidaturas ao XXII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural ata o vindeiro 14 de xaneiro de 2022, segundo se recolle no convenio asinado este luns entre o reitor Antonio López e o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, para a convocatoria deste galardón, que conta cunha gratificación en metálico de 10.000 euros, ademais de placa conmemorativa.
250 persoas de países como Xapón, Australia, Brasil ou China participarán do 15 ao 17 de decembro na VI edición do Congreso internacional de lingua, lingüística e tecnoloxía, techLING2021, unha ventá ás principais novidades do momento en materia de tecnoloxías e ensinanza de linguas. Organizado polos profesores José Yuste, Óscar Ferreiro e Emmanuel Bourgoin, do Grupo de investigación Tradución & Paratradución da Facultade de Filoloxía e Tradución, a cita celebrase integramente en liña.
O encontro científico da alianza SOMMa, a rede de Centros Severo Ochoa–Unidades María de Maeztu, ‘100xCiencia.5: International dimension of science’ botou a andar este venres na Cidade da Cultura. Trátase dun foro onde persoal investigador e directivo dos 57 centros españois con esta certificación de excelencia comparten con xornalistas e comunicadores especializados, un espazo para reflexionar xuntos sobre a necesidade da cooperación internacional para o progreso científico e social da humanidade no século XXI.
Anticiparse á aparición do cancro de fígado, ata en dúas décadas, para acometer a mellor abordaxe terapéutica é o último achado do grupo de investigación da USC Xenomas e Enfermidade no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS).
O Paraninfo da Reitoría da Universidade da Coruña (A Maestranza) acollerá este venres e sábado, 26 e 27 de novembro, o XVI Congreso Español de Dereito Deportivo que organiza a Asociación Galega de Xestión Deportiva (Agaxede) no que participarán máis dun centenar de asistentes. Esta edición está dedicada a analizar o marco legal e os retos da xestión deportiva.
A localización de Cova Eirós en Triacastela, entre o extremo máis occidental da cornixa cantábrica e a fachada atlántica peninsular, convértea nun importante enclave para entender a expansión das primeiras comunidades de Homo sapiens na Península ibérica e a progresiva extinción dos neandertais. A secuencia de Cova Eirós contén varios niveis que se enmarcan no momento de transición entre os últimos neandertais e os primeiros humanos modernos.
A Editorial Galaxia publica, na colección Reportaxe, un libro arredor da traxectoria de Xoán Rubia, 'Pasaba por alí. E quedei un intre'. Considerado un dos nomes máis importantes da música galega e autor de longa traxectoria, é unha das voces de referencia dende finais dos anos sesenta. Este libro recopila, dende a memoria do seu autor, primeiros pasos, evolución… con fotografías e documentos, a vida dun artista que marcou un antes e un despois no panorama musical galego. Non só é o seu relato, se non o relato de toda unha época.
« Anterior | 1  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (125)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES