
O Instituto Galego de FÃsica de Altas EnerxÃas (IGFAE), centro mixto da USC e a Xunta de Galicia —único con esta distinción na comunidade galega—, exerce de anfitrión na quinta edición da serie 100xCiencia. O congreso pode seguirse en directo a través da canle de Youtube do IGFAE.
O reitor Antonio López agradeceu ao IGFAE e moi especialmente ao seu director Carlos Salgado, encargado de conducir o acto de apertura, a organización deste foro xa que “en épocas de pandemia as incertezas multiplÃcanse”, dixo o reitor na sesión inaugural. Antonio López centrou a súa intervención na relevancia da investigación e da transferencia como peza chave para “mellorar as condicións de vida da cidadanÃa”. Neste senso, o reitor da USC puxo o foco no eido do financiamento e nas dificultades que entraña unha investigación dependente de subvencións ou outras fórmulas similares xa que “asà non se pode artellar unha carreira investigadora”.
Pola súa parte, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román RodrÃguez, dirixiuse aos e ás asistentes para definilos como “referentes da investigación”. “Tedes liderado e impacto”, subliñou o conselleiro. Finalmente, MarÃa Blasco, presidenta da alianza SOMMa, centrou a súa intervención en que a ciencia é global e, polo tanto, constitúe a peza chave para “resolver crises globais”, tal e como se puxo de manifesto no marco da pandemia pola COVID-19. Fabiola Gianotti, directora xeral do CERN, abriu a primeira sesión do congreso por videoconferencia.
Solucións globais
100xCiencia.5 inclúe un programa composto de catro sesións temáticas —Cosmos, Covid, Crise Climática e Cultura CientÃfica— que pretenden poñer de manifesto a importancia de dotarse de grandes infraestruturas internacionais, tanto fÃsicas como de comunicación ou cooperación, para dar resposta a retos cientÃficos e sociais de tal envergadura que só estas solucións globais aparecen como viables. Neste foro que se estenderá ata o sábado 27, tomarán parte algúns dos máis recoñecidos comunicadores/as cientÃficos/as como Patricia Fernández de Lis (Materia/El PaÃs), Rafael Vilasanjuan, Eduardo Sáenz de Cabezón e Gema Revuelta.
A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, sÃmbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao perÃodo lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantÃs.