
Esta edición, segundo explicaron esta mañá os organizadores na rolda de prensa celebrada na Reitoría, está dedicada a analizar o marco legal e os retos da xestión deportiva, un tema que une dúas áreas de coñecemento cun panel de conferenciantes do máximo nivel de España, como resaltou Eduardo Blanco, codirector do congreso. Blanco engadiu que a UDC foi pioneira en tratar o dereito deportivo coa organización de diversos congresos sobre este tema.
Para o reitor da UDC, Julio Abalde, a temática elixida non podía ser máis pertinente pois coa pandemia de Covid-19 houbo que cambiar a xestión das actividades deportivas. Na Universidade, explicou Abalde, tivemos que ir cambiando os protocolos, de acordo coas recomendacións sanitarias, para poder garantir a práctica deportiva nas nosas instalacións. Por iso, continuou estaremos moi atentos aos novos modelos de xestión que se debatan neste congreso.
Tamén a concelleira de Deportes da Coruña, Mónica Martínez, valorou a elección da temática do congreso deportivo. Martínez considerou como moi importante este evento deportivo.
Ao acto de presentación do congreso acudiron tamén o presidente da Asociación Española de Dereito Deportivo, Miguel Vaquero, o xerente da Fundación Deporte Galego, Iván Clavel, e o presidente da Asociación Galega de Dereito Deportivo, Jacobo Vázquez. Os tres directivos felicitaron a Agaxede pola oportunidade da temática elixida toda vez que se atisban cambios lexislativos.
Programa:
https://www.agaxede.org/gl/evento/1932/xvi-congreso-espanol-de-derecho-deportivo-2020/
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, instou ao Goberno central a paralizar a suba dos prezos da AP-9 para 2027 e que os conxele como a Xunta fará coas autoestradas de titularidade autonómica. Allegue respondeu a unha interpelación sobre a situación da autoestrada no Parlamento autonómico, e apuntou que a suba prevista para AP-9 e AP-53 é dun 5% e un 4% respectivamente, o que as converte nas máis caras de España. Incidiu en que nesta lexislatura houbo un incremento dun 20% nos prezos mentres que nas da Xunta non houbo ningún aumento.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.