
Este evento acollerá a presentación de máis dun cento de relatorios dedicados a analizar as sinerxÃas entre, por un lado as linguas e, polo outro, tanto o seu coñecemento cientÃfico –a lingüÃstica- como, sobre todo, as novas tecnoloxÃas dixitais, con especial incidencia no impacto que estas teñen en tres eidos: o exercicio profesional da tradución e a interpretación, a ensinanza de idiomas e o tratamento automático das linguas.
“Esta VI edición do congreso será a máis numerosa de todas as que xa se celebraron e estamos moi satisfeitos coa boa recepción do evento por parte da comunidade cientÃfica”, explica o profesor Óscar Ferreiro, ao que o seu compañeiro Emmanuel Bourgoin engade que a meirande parte das persoas inscritas son persoal docente e investigador de universidades, mais tamén mozas e mozos que están en fase de predoutoramento e que se animaron a presentar neste evento o avance das súas investigacións. Ademais, cóntase tamén con ampla presenza de profesorado de secundaria e de Escola de Idiomas, tanto da comunidade galega coma de fóra dela, asà como profesionais do ensino de francés da rede mundial das Alianzas Francesas.
Unha cita multilingüe con cinco idiomas oficiais
Cun comité cientÃfico formado por máis de 85 persoas de procedencias moi diversas (LÃbano, Exipto, Marrocos, SuÃza, Francia e Brasil, entre moitos outros), o multilingüismo do congreso é a xuÃzo do profesor José Yuste o máis destacable do programa. “Non hai máis que botar unha ollada ao libro de resumos para comprobar a boa saúde das cinco linguas do congreso –español, galego, portugués, francés e inglés- á hora de analizar, expor, criticar, reflexionar e dar exemplos prácticos das diferentes aplicacións da tecnoloxÃa dixital en tradución e interpretación, na ensinanza de linguas e no tratamento automático das mesmas”, apunta o docente. E como unha imaxe vale máis ca mil palabras, na páxina de inicio da web do congreso pode observarse un mapa mundi interactivo de maneira que se pode traducir visualmente ese multilingüismo, situando no mapa as bionotas de cada poñente coa súa fotografÃa correspondente.
“Do programa podemos destacar unha morea de cousas, mais se callar unha delas son as seis conferencias plenarias organizadas para os tres dÃas que dura o evento”, explica Óscar Ferreiro, ao que engade que o primeiro dÃa se contará coa conferencia titulada Sentido y sensibilidad de las tecnologÃas en traducción y su formación, impartida por Jesús Torres del Rey, da Universidad de Salamanca, asà como co relatorio El impacto de la (r)evolución digital en el ámbito de la interpretación de lenguas, a cargo da profesora da Universidade de Córdoba Aurora Ruiz.
Xermolo para o nacemento dunha “comunidade techLING”
O encargo de organizar o congreso chegoulle ao grupo de Tradución e Paratradución da man do Centro de Estudos HumanÃsticos da Universidade do Minho, con quen levan anos de excelentes relacións de colaboración. Aceptaron o reto “con moito gusto, ofrecendo en todo momento o noso particular selo persoal”, salienta Yuste, ao que engade que a programación do evento lles coincidiu coa redacción da memoria que presentaron cando solicitaron a Mención de Excelencia á Xunta de Galicia para o Máster en Tradución para a Comunicación Internacional, mención que lle foi concedida o pasado 13 de agosto.
Tras o encargo de organizar esta xuntanza internacional, das primeiras cousas que fixeron foi pór en marcha unha web “única no seu estilo e editada sempre nos cinco idiomas do congreso”, asà como crear contas especÃficas para o evento nas redes sociais Facebook, Instagram e Twitter, “e non hai dÃa que non publiquemos unha entrada”, recalca o investigador. “Para nós supón unha oportunidade de demostrar que sabemos traballar en equipo coordinando ben todas as ideas e a súa realización. Cousa non doada, pero as boas vontades e o sacrificio parece que están a dar bos resultados, pois vense confirmados polo número de relatorios presentados”, destaca Ferreiro, ao que engade que levar estes acontecementos a un nivel máis alto sempre é un reto, aÃnda máis despois de terse celebrado xa cinco edicións. “Se esta edición dá lugar ao nacemento dunha comunidade investigadora «techLING » a nivel mundial, iso suporÃa, para nosoutros, ter ido alén do reto”, engade Ferreiro.
A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, sÃmbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao perÃodo lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantÃs.