
En palabras de Xavier Alcalá, autor do prólogo 'Rubia é un home valente e coherente que soubo extraer o imprescindible da súa 'existencia musical' e escolleu sonoros riscos de humor para amenizar o discurso'. Neste libro, e da súa propia man do músico de Ferrol, as lectoras e lectores acompañarán ao artista nun percorrido pola súa vida. Unha voz comprometida coa lingua galega que, a través dun grandísimo talento, creou temas que todas as persoas coñecen e que, algunha vez, tamén cantaron.
'Dicía miña nai que recordar é volver vivir, e eu, arestora, estou niso, a vivir rebobinando e logo dándolle ao play da casete da miña vida en relación coa 'Canción Galega' para lembrar e contárllelo aos que poidan sentir algunha curiosidade'. Toda unha declaración de intencións por parte de Xoán Rubia que son só unha afirmación de todo o que virá despois.
Este libro recopila, dende a memoria do seu autor, primeiros pasos, evolución
con fotografías e documentos, a vida dun artista que marcou un antes e un despois no panorama musical galego. Non só é o seu relato, se non o relato de toda unha época.
Un libro imprescindible que xa está chegando a todas as librarías de Galicia.
Xoán Rubia (Mugardos, 1947) comezou os seus estudos de música na súa vila natal. En 1968, en Santiago de Compostela, entra en contacto co movemento da Nova Canción Galega, representado daquela polo colectivo Voces Ceibes.
Gravou os seus primeiros traballos discográficos en 1969 coa compañía Edigsa, en Barcelona, logo con Philips e, máis tarde, con Zafiro-Novola.
Dende a fundación do Diario de Ferrolcolabora semanalmente con artigos de opinión, ademais de con Galicia Digitale outras publicacións.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.