Buscador
Noticias
Un estudo publicado na revista Neurotherapeutics validou unha nova diana farmacolóxica para o alzhéimer. Os resultados amosan que a inhibición do encima epóxido hidrolasa soluble (sEH) en modelos murinos da enfermidade diminúe o proceso neuroinflamatorio, polo que mellora a resposta endóxena do organismo e reduce o deterioro e morte das neuronas causantes deste tipo de demencia.
Científicos das tres universidades galegas elaboraron máis de 150 propostas de investigación na procura de solucións directas fronte a Covid-19. Nun acto celebrado no Colexio de Fonseca, a Real Academia Galega de Ciencias premiou vinte destes proxectos de investigación (9 da USC, 7 da UVigo e 4 da UdC), financiados por diversas institucións como o Instituto de Saúde Carlos III, a Axencia Galega de Innovación (GAIN), o Fondo Supera-Covid, a Fundación Amancio Ortega, Sergas, Tragsa, Augas de Galicia e EdardeBens, realizados nas tres universidades galegas.
O Ministerio de Facenda vén de indicar que Galicia pechou o mes de maio sendo a comunidade autónoma co mellora tempo medio de pago a provedores de España, tal como mostran os datos do Informe mensual sobre plazos de pago a proveedores y deuda comercial de las Comunidades Autónomas publicado hoxe. O período medio de pago (PMP) de Galicia ao peche do mes de maio situouse en 13,2 días, o que supón o tempo máis baixo das 17 comunidades autónomas.
Necesitamos manternos alerta, manter a tensión, afirma o profesor da USC e epidemiólogo, Francisco Caamaño Isorna. Na situación actual marcada por numerosos rebrotes da COVID-19 que se espallan non só por Galicia, senón por todo o territorio español, a máscara facial eríxese nunha ferramenta chave para conter o avance da pandemia e non dar pasos atrás na situación de nova normalidade.
O documento define a constitución dunha Comisión de Cooperación das comunidades autónomas asinantes e a creación dun grupo de traballo para o impulso de accións conxuntas que permitan a potenciación e a protección da ruta. No seno desta Comisión formaranse dous grupos con representantes de cada unha das autonomías que traballarán por un lado na promoción turística e na programación cultural e, por outro, na defensa e protección patrimonial do itinerario histórico.
O cometa Neowise que foi descuberto a finais do pasado marzo e fíxose visible a primeira ollada nos amenceres dos primeiros días de verán, pode verse agora nas primeiras horas da noite, unha vez que xa pasou polo punto de mínima distancia ao Sol (perihelio). A mellor referencia para localizalo é o Carro da Osa Maior. O mellor momento para velo é entre unha hora e hora e media despois da posta do Sol. O seu período orbital en torno ao Sol é de aproximadamente sete mil anos.
A escolas infantís de 0 a 3 anos da rede autonómica A Galiña Azul abrirán o vindeiro curso escolar 2020/2021 con 8.200 nenas e nenos con praza, o que supón o 76% das 10.800 solicitudes presentadas con toda a documentación requirida e 300 admitidos menos que no presente curso. A listaxe definitiva pódese consultar nas páxinas web do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e na da Consellería de Política Social.
As paisaxes do Barbanza-Arousa converteranse en escenarios emblemáticos que acollerán música e narración oral. Paisaxes Sonoras nace coa intención de poñer en valor a riqueza da contorna buscando a asociación de cultura, identidade e patrimonio como reforzo do noso acervo. Así, as catro localizacións onde terán lugar as diferentes manifestacións artísticas, non pertencen ao circuito turístico máis recoñecido, senón que se caracterizan por estar vencelladas á poboación de xeito máis transversal.
Desde o martes 21 ao venres 24, A Coruña e o Camiño Inglés acollerán o EcomWay, unhas xornadas sobre a ruta xacobea destinadas a profesionais do turismo, a comunicación e o marketing. O EcomWay é unha experiencia de Comunicación 2.0 para dar a coñecer a cultura, patrimonio, gastronomía e sustentabilidade concienciando o peregrino na loita contra os malos hábitos. Este evento está organizado por Turismo da Coruña e pola Deputación da Coruña e conta coa colaboración da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, o Xacobeo 2021
A escritora Guadalupe Gómez Arto, natural de Curtis (A Coruña), é a gañadora do sexto certame poético Rosalía de Castro 2020. O xurado, presidido polo alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, reuniuse no salón de plenos da casa consistorial e acordou por maioría premiar a obra No encanto do aire, presentado baixo o lema Gong por Guadalupe Gómez Arto. Unha elección que se realizou tras varias votacións entre os traballos presentados nesta edición.