Notas de prensa

Últimos días para contemplar o cometa Neowise ao anoitecer

O cometa Neowise que foi descuberto a finais do pasado marzo e fíxose visible a primeira ollada nos amenceres dos primeiros días de verán, pode verse agora nas primeiras horas da noite, unha vez que xa pasou polo punto de mínima distancia ao Sol (perihelio). “A mellor referencia para localizalo é o Carro da Osa Maior. O mellor momento para velo é entre unha hora e hora e media despois da posta do Sol. O seu período orbital en torno ao Sol é de aproximadamente sete mil anos.

Á súa esquerda e máis abaixo, sempre en dirección noroeste, localízase facilmente con prismáticos, loxicamente desde lugares sen contaminación lumínica e con polo menos esa zona do horizonte despexada”, explica José Ángel Docobo Durántez, director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC.

O mellor momento para velo é entre unha hora e hora e media despois da posta do Sol. “A partir do xoves, que é cando vai estar o máis preto posible da Terra, a pouco máis de cen millóns de kilómetros, o cometa irá perdendo brillo ata desaparecer”, continúa Docobo. O seu período orbital en torno ao Sol é de aproximadamente sete mil anos.

Universidade de Santiago de Compostela, 2020-07-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (presentes-2026.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a plataforma PRESENTES.gal, unha ferramenta pública destinada a visibilizar o talento feminino galego e facilitar a presenza de mulleres expertas nos espazos de debate, coñecemento e divulgación. Impulsada pola Consellería de Política Social e Igualdade, esta iniciativa constitúe a maior comunidade dixital de mulleres profesionais de Galicia, co obxectivo de facilitar que organizadores de eventos, institucións, empresas ou medios de comunicación poidan localizar referentes femininos nos distintos ámbitos profesionais.
Foto de la tercera plana (turismo-santiago.jpg) O proxecto, que leva por nome Ways, usa o concepto do Camiño de Santiago para conectar á cidadanía coa ciencia inspirándose no espírito de intercambio e mobilidade que caracteriza á Ruta Xacobea. Con esta finalidade, proponse converter o proxecto nun percorrido europeo que une tres rexións: Galicia (España), Pomorskie (Polonia) e Emilia-Romagna (Italia) a través das cidades de Santiago, Gdynia, Rávena e Módena. A Comisión Europea é a institución encargada da convocatoria, denominada Science Comes to Town e que acada a súa terceira edición. A través dela, financia iniciativas que achegan a ciencia á sociedade. Apoia a organización de eventos públicos como festivais, obradoiros ou actividades educativas co obxectivo de promover a cultura científica, fomentar o interese pola investigación e fortalecer a relación entre ciencia e cidadanía.

Notas

A catedrática de Estatística e Investigación Operativa Rosa Crujeiras converterase na primeira reitora da historia da USC logo de ser elixida cun total de 1.397 votos ponderados, fronte aos 721 acadados pola catedrática de Óptica Maite Flores e 148 votos ponderados en branco. O día 12 produciuse a proclamación provisional da reitora e do 13 ao 20 establécese o prazo de recursos ante a Comisión Electoral Central.
Vigo convértese esta semana no punto de encontro internacional para a investigación en nanociencia aplicada á biomedicina coa celebración da 5ª Conferencia Internacional sobre Nanomateriais Aplicados ás Ciencias da Vida. O evento, organizado pola UVigo e o Grupo de Nanomateriais Híbridos do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina, desenvólvese ata o venres na sede de Afundación e reúne a 127 participantes procedentes de diferentes países.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES