
O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, xunto cos conselleiros de Cultura de AndalucÃa, Estremadura e Castela e León presentaron este martes en Mérida o proxecto conxunto El Camino de la Plata, promovido por estas catro comunidades co obxectivo de impulsar a VÃa da Prata, destacando a súa riqueza patrimonial e cultural e o seu potencial como motor de dinamización do rural, especialmente coa ollada posta no vindeiro Xacobeo 2021.
O acto contou coa asistencia da conselleira de Cultura e Patrimonio Histórico da Junta de AndalucÃa, Patricia do Pozo Fernández; a conselleira de Cultura, Turismo e Deportes da Junta de Extremadura, Nuria Flores Redondo e do conselleiro de Cultura e Turismo da Junta de Castilla y León, Javier Ortega Ãlvarez.
Previamente, Guillermo Fernández Vara, presidente da Junta de Extremadura, recibiu aos catro conselleiros e subliñou que é algo “infrecuente e excepcional” –o cal “lle dá máis valor e que nos deberÃa facer recapacitar” – que catro comunidades da España das autonomÃas, “por encima de partidos e ideas, saquen adiante proxectos comúns, a través de proxectos compartidos, pois hai moito que compartir: historia, tradicións, cultura, patrimonio ou pertenza”.
Nesta mesma liña, Román RodrÃguez destacou a importancia da colaboración institucional á hora de impulsar este itinerario, “que vertebra España de norte a sur” e que se caracteriza polo seu valor cultural e patrimonial. Deste xeito, explicou que a cooperación entre estas catro comunidades “vai máis alá dunha declaración de intencións e de manifestacións de boa vontade”, senón que busca crear un “marco efectivo de traballo” para a promoción e difusión da VÃa da Prata, aproveitando a proximidade do vindeiro Ano Santo.
Portal referencia para os peregrinos
A web do proxecto, www.elcaminodelaplata.com, servirá como eixo da comunicación e pretende converterse na referencia dos peregrinos interesados en facer o Camiño de Santiago a través deste itinerario. Asà pois, este portal exercerá como unha plataforma dinámica onde os peregrinos poderán coñecer, aprender e descubrir os segredos dos municipios que compoñen esta ruta, as historias reais dos veciños da zona, a idiosincrasia das súas xentes ou os seus tesouros ocultos.
Outro dos eixos centrais do proxecto é un plan de participación cidadá, onde uns centinelas do Camiño (prescritores, embaixadores e cidadáns), difundirán os valores desta ruta.
Protocolo de colaboración
A presentación deste proxecto da continuidade ao protocolo de colaboración asinado durante a xornada de onte entre os conselleiros de Galicia, AndalucÃa, Estremadura e Castela e León para traballar en accións conxuntas centradas neste itinerario.
AsÃ, o documento define a constitución dunha Comisión de Cooperación das comunidades autónomas asinantes e a creación dun grupo de traballo para o impulso de accións conxuntas que permitan a potenciación e a protección da ruta. No seno desta Comisión formaranse dous grupos con representantes de cada unha das autonomÃas que traballarán por un lado na promoción turÃstica e na programación cultural e, por outro, na defensa e protección patrimonial do itinerario histórico.
Ao abeiro deste protocolo tamén se define un marco de colaboración para impulsar a unificación da sinalización e a mellora da seguridade viaria asociada aos tramos da ruta, asà como a mellor integracións paisaxÃstica dos tramos urbanos. Ademais, ao protocolo establece o apoio ás asociacións de amigos do Camiño de Santiago nesta ruta, contribuÃndo á constitución dunha Federación de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago da VÃa da Prata.
A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, sÃmbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao perÃodo lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantÃs.