Archivo (7 del 2020)

Buscador

Noticias

Úrsula Heinze (Colonia, 1941) é unha escritora de orixe alemá afincada en Galicia desde 1977. A súa última achega literaria, Flashes, publicada por Edicións Fervenza, reúne case duascentas prosas breves en que a autora rememora con humor crítico diferentes instantes e incidentes da súa vida. Son, en palabras da propia Úrsula Heinze, “vivencias verdadeiras”, “os flashes iluminan distintas épocas do meu mundo e describen ambientes e persoas que me acompañaron ou que aínda hoxe están ao meu carón”.
Tivo lugar hoxe a presentación do proxecto de cooperación Tanza: inclusión social, sector pesqueiro, economía circular, do que forman parte varios grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) de Galicia. Durante o encontro puxo en valor o importante labor que realizan estas entidades no desenvolvemento socioeconómico das zonas de pesca impulsando valores como a inclusión social.
Talía Teatro regresa mañá aos escenarios coa estrea do seu novo espectáculo para público familiar, Voa, voa!, que poderá verse ás 20,00 h. na Casa da Cultura de Cee, localidade orixinaria da compañía, onde repetirá función o xoves 16, ás 12,00 h. 'Voa, voa!' poderá verse este mes de xullo en nos concellos de Noia, Carral, A Laracha, Moraña, Guntín, Foz, Vedra, Portas e O Carballiño, e durante agosto, no Pereiro de Aguiar, A Estrada, Ribadavia, Triacastela e Muros.
O catedrático de Electromagnetismo da USC Jorge Mira acaba de ser recoñecido co primeiro Premio de Divulgación Científica da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC). O premio recoñece a súa traxectoria de máis de 20 anos no eido da divulgación de todos os campos de coñecemento, “cun esforzo continuado por achegarlle a ciencia á sociedade a través de múltiples canles”, a través de libros, prensa escrita, radio e televisión, ademais da organización de todo tipo de actividades para o gran público.
O obxectivo deste proxecto, ao que tamén se adheriron 16 prazas de abastos, é potenciar as vendas do comercio de proximidade nos concellos polos que transcorren as rutas xacobeas, ao tempo que servirá para mellorar os servizos que estes establecementos prestan aos peregrinos. Os negocios participantes poderán beneficiarse das actuacións de dinamización que se leven a cabo para apoiar a celebración do Xacobeo 2021, co obxectivo de animar a peregrinos e veciños das vilas e cidades a consumir produtos de proximidade no comercio local.
A Business Factory Food (BFFood) deu a coñecer os seis proxectos que participarán no primeiro programa de consolidación da aceleradora especializada no sector alimentario, dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga). A esta convocatoria de consolidación presentáronse 27 candidaturas, das que catro pasaran anteriormente polo programa de aceleración en 2019. Esta iniciativa enmárcase na rede de aceleradoras de Galicia, a plataforma StartIN Galicia.
Os 120 prescritores e posibles compradores nacionais seleccionados para facer promoción do queixo curado da Denominación de Orixe Protexida (DOP) San Simón da Costa están a recibir outras tantas pezas deste produto, para facer a súa correspondente avaliación. Trátase de restauradores, críticos, responsables de compras das cadeas de distribución, xornalistas e outros profesionais de prestixio relacionados co mundo da gastronomía, seleccionados polos técnicos da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal).
Xa está dispoñible para descarga a aplicación móbil que permitirá seguir os datos de participación e o avance en directo do escrutinio das eleccións ao Parlamento de Galicia que se celebran o próximo domingo, 12 de xullo. Pode instalarse desde os markets de Android e iOS. Ademais, os mesmos datos estarán tamén dispoñibles na web resultados2020.xunta.gal, que estará operativa o próximo domingo.
Os meses de confinamento e estado de alarma debidos á pandemia por COVID-19 incidiron na percepción da poboación de Galicia sobre os alimentos de proximidade obtidos de forma sostible e respecto do medio rural no que se producen, segundo constatan os resultados preliminares da enquisa lanzada polo proxecto 'Somos o que comemos?', promovido ao abeiro do campus de verán XuvenCiencia en Rede, e que revela que as mulleres e as persoas de mediana idade son as que máis mudaron a súa percepción sobre o rural e a alimentación de proximidade logo do confinamento e da pandemia.
Os novos valores do cine lugués déronse cita no auditorio municipal Gustavo Freire no marco da gala do V Findecurta, un maratón audiovisual impulsado desde a Oficina de Cultura do campus de Lugo da USC ao abeiro do convenio Lugo Cultural no que tomaron parte máis de 70 persoas, agrupadas en sete equipos que concorreron ao certame con outras tantas curtas de novo cuño. Unha vez rematada a proxección das sete curtas completadas durante a última edición do maratón audiovisual Findecurta, o xurado deu a coñecer o seu fallo.
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (127)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES