
“Para min é todo un honor ser recoñecido por unha institución do peso da RAGC e ademais na primeira edición do premio”, manifestou Jorge Mira este luns. O catedrático da USC quixo trasladar o seu agradecemento á RAGC por ter instituÃdo este galardón, “xa que Galicia é unha das comunidades autónomas máis ricas de España en actividades de comunicación da ciencia”. “Nestes momentos é inevitable botar a vista atrás e facer balance, para lembrar como empecei hai máis de 20 anos a facer as miñas primeiras achegas neste eido, como algo puntual, e ao final, dende aquela non parei”, explica Mira. “Tamén é inevitable lembrar o panorama da divulgación cientÃfica que habÃa en Galicia a finais dos anos 90, que é moi diferente do que hai agora”, concluÃu.
CurrÃculo
Jorge Mira Pérez comezou a súa actividade divulgadora a finais dos anos 90, en paralelo co seu labor investigador, académico e de xestión. A longo deses máis de vinte anos de xeito intenso e ininterrompido ten abordado unha ampla variedade de formatos. Centos de pezas, entre artigos e unha columna fixa sobre ciencia en La Voz de Galicia; máis de 1000 emisións en radio das súas seccións de divulgación, sobre todo na Radio Galega; ou 2500 seccións ou programas completos de televisión, sobre todo na TVG, son algúns dos números que integran a traxectoria deste catedrático da USC. Ademais, Jorge Mira é o impulsor do Programa ConCiencia, organizado pola USC coa colaboración do Consorcio de Santiago e que trae á cidade a persoeiros da máxima relevancia cientÃfica, todos eles Premios Nobel ou equivalentes. Mira é tamén fundador e promotor de diversas iniciativas como a Nerd Nite, e varias de observación astronómica na Costa da Morte dende 2003.
Ademais, é autor de libros con altos números de vendas; editor, tradutor, coordinador ou promotor doutros. “Algo que caracteriza algunha das áreas do meu labor divulgativo é que ten servido para a creación e promoción de novos divulgadores”, apunta. Mira encárgase da dirección da colección de divulgación cientÃfica da editorial da USC e ten sido comisario de exposicións como ‘Un mar de xenios na Fin da TerraÂ’, a máis vista en Galicia en 2013. As súas seccións en televisión e radio para toda Galicia foron as primeiras da historia do audiovisual galego.
Premios de Transferencia
Estes galardóns serán entregados este martes nunha cerimonia que terá lugar en Santiago de Compostela, na que tamén serán concedidos os Premios de Transferencia de TecnoloxÃa en Galicia, convocados tamén conxuntamente pola RAGC e a Axencia Galega de Innovación (GAIN). Nesta modalidade resultou premiado o Grupo Interdisciplinar en TecnoloxÃa Farmacéutica, InmunoloxÃa Parasitaria e Parasitosis HÃdricas da USC (Paraquasil), co premio “Fernando Calvet Prats” por presentar o mellor traballo de tecnoloxÃa xa transferida con éxito ao sector empresarial.
Este equipo presentou un proxecto baseado nun verniz de uñas medicamentoso para o tratamento de micoses ou psoriases ungueais, que mellora a eficacia con respecto aos tratamentos tópicos comerciais existentes. “O verniz xurdiu dunha liña de investigación que iniciamos en colaboración coa profesora Begoña Delgado Charro da Universidade Inglesa de Bath e coa participación do Profesor da USC José LuÃs Gómez Amoza do Grupo I+DFarma, co obxectivo de empregar técnicas avanzadas para a caracterización microestructural das unllas”, explica o profesor da USC e decano da Facultade de Farmacia, Francisco Otero Espinar. “Avanzando nesta liña, comezamos a estudar alternativas para mellorar a penetración dos principios activos na unlla co obxectivo de mellorar a súa actividade”, continúa.
Completando esta categorÃa, a spin-off da Universidade de Vigo RelEYEble recollerá o premio “Ricardo Bescansa MartÃnez” como mellor caso de éxito empresarial de transferencia de tecnoloxÃa; o grupo de investigación CellCOM do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), o premio “Francisco Guitián Ojea” á mellor tecnoloxÃa aÃnda non transferida pero susceptible de ser aplicada ao sector empresarial.
Premio de Xornalismo CientÃfico
O Premio de Xornalismo CientÃfico Celia Brañas, dotado con 3.000 euros netos e convocado conxuntamente coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), será recollido por Xavier Fonseca, redactor do diario La Voz de Galicia, pola reportaxe titulada “Se o quentamento segue, hai opcións de que chegue a Galicia un gran furacán”, publicada o 30 de outubro de 2019. O accésit deste premio, dotado con 1.000 euros, correspóndelle ao segundo traballo mellor valorado, titulado “A aposta científica das aulas galegas”, asinado por Selina Otero e publicado o 15 de decembro de 2019 no xornal Faro de Vigo.
A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, sÃmbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao perÃodo lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantÃs.