Archivo (7 del 2020)

Buscador

Noticias

O conselleiro de Economía Francisco Conde, sinalou esta mañá que a nova web de Artesanía de Galicia se configura como o gran escaparate para impulsar a comercialización do sector, no que cobran protagonismo o produto, os artesáns e os oficios. Nun encontro con profesionais deste ámbito celebrado esta mañá en Noroeste Obradoiro, e que se puido tamén seguir de xeito telemático, Conde apuntou que a innovación e o deseño son as claves para que o sector siga sendo competitivo.
O mes de xuño caracterizouse por ser moderadamente frío e durante o que as precipitacións se mantiveron en valores normais. Esta é unha das principais conclusións do avance do informe climatolóxico de MeteoGalicia, que atribúe esta circunstancia ao predominio das baixas presións atlánticas sobre a comunidade durante gran parte do mes, o que provocou unhas temperaturas máximas frías para esta época do ano.
Un paso adiante na optimización de fármacos para a inmunoterapia do cancro é o novo logro do grupo da USC no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) que dirixe o profesor Eddy Sotelo. En colaboración coa Universidade de Upsala e a compañía farmacéutica Sosei Heptares, o artigo, recentemente publicado na revista Angewandte Chemie, describe novos avances no deseño e optimización de fármacos para a terapia do cancro.
O conselleiro de Sanidade anunciou que o departamento sanitario galego, logo de avaliar cos técnicos de Saúde Pública e cos profesionais sanitarios a situación e progresión dos datos do foco da covid que está a producirse na Mariña, considera conveniente reforzar as medidas de prevención co obxecto de protexer, coa máxima intensidade posible, a saúde da poboación da Mariña e conter os contaxios para evitar a súa propagación máis aló desa zona.
O pintor noiés Alfonso Costa propón unha reflexión profunda sobre o proceso creativo e a condición humana a través dos seus traballos dos últimos anos. Partindo do impacto causado polo desastre de Fukushima en 2011, cada un dos lenzos que integran a mostra ‘Dentro do tempo’ convértense nunha metáfora pictórica sobre a transformación que o ser humano foi sufrindo a medida que a sociedade e a tecnoloxía avanzaron. A exposición inaugurouse este xoves no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
A Xunta de Galicia vén de publicar o segundo número das Guías DXT Galego ‘Volvendo con sentidiño’ elaboradas pola Secretaría Xeral para o Deporte e expertos das tres universidades galegas que xa foi enviado a todos os clubs e federacións deportivas de Galicia e pode ser consultado na páxina web do Deporte Galego. Este segundo manual versa sobre as ‘Recomendacións para a aceleración da reactivación e readaptación técnico/táctica do deportista para a súa motivación e achegamento progresivo ás esixencias do partido’.
Un sistema de visión artificial capaz de detectar condutas irresponsables no control da COVID-19, un composto farmacolóxico para evitar os efectos negativos da radioterapia e da quimioterapia sobre a pel dos pacientes e unha laca de unllas medicamentosa son os gañadores dos Premios de Transferencia de Tecnoloxía, que chegan á súa sexta edición cunha dotación de 6.000 euros en cada categoría.
« Anterior | 4  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (145)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES