
O tempo entre o dÃa 4 e o 21 de xuño foi, en xeral, fresco, e determinou que en comparación co perÃodo histórico que se utiliza como referencia, o mes acabase presentando unha temperatura media 0,51 graos por debaixo do habitual. Esta tónica só se viu alterada coincidindo co comezo e o final do perÃodo, durante os que a comunidade viviu uns dÃas cálidos e tormentosos que, sen embargo, non foron suficientes para compensar a inestabilidade que caracterizou o resto do mes.
A situación, en todo caso, non foi tan anómala e de feito o precedente máis próximo atopámolo o ano pasado, cando a temperatura media en Galicia situouse no mes de xuño case dous graos por debaixo do habitual.
En canto ao comportamento por zonas, os valores máis frescos localizáronse en Cabeza de Manzaneda e na comarca de Valdeorras, con temperaturas medias próximas aos 13 graos; mentres que no extremo contrario situouse a cidade de Ourense e os seus arredores, onde se roldaron os 27 graos.
Pluviosidade dentro do normal
Desde o punto de vista das precipitacións, o comportamento do mes pasado foi moito máis normal. Neste sentido, os rexistros das principais estacións meteorolóxicas de Galicia apuntan a que choveu un 17% menos do esperado, o que pode considerarse dentro da normalidade en comparación co perÃodo de referencia 1981-2010.
De feito, este mesmo déficit hÃdrico detectouse en xuño de 2017, aÃnda que tamén é certo que a situación supón un contraste con respecto ao mesmo perÃodo do ano pasado e, sobre todo, ao de 2018, cando Galicia rexistrou en xuño un 108% máis de chuvias do habitual.
A análise do comportamento pluviométrico por áreas xeográficas amosa algúns contrastes. AsÃ, mentres a chuvia acumulada na metade oeste de Galicia estivo preto da normalidade, nas comarcas do interior a presenza de tormentas foi máis desigual, polo que se detectan zonas secas e outras máis húmidas.
O valor medio de chuvia acumulada no conxunto da comunidade foi de 51,7 litros por metro cadrado, unhas cifras que se duplicaron nas zonas de montaña do leste de Lugo e do norte da Coruña e que quedaron por debaixo dos 10 l/m2 no sur de Ourense.
A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, sÃmbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao perÃodo lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantÃs.