Notas de prensa

En primeira liña de desenvolvemento dunha nova xeración de fármacos contra o cancro

Un paso adiante na optimización de fármacos para a inmunoterapia do cancro é o novo logro do grupo da USC no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) que dirixe o profesor Eddy Sotelo. En colaboración coa Universidade de Upsala e a compañía farmacéutica Sosei Heptares, o artigo, recentemente publicado na revista Angewandte Chemie, describe novos avances no deseño e optimización de fármacos para a terapia do cancro.

Deseñar medicamentos máis selectivos, eficaces e seguros é o obxectivo alcanzado grazas á utilización sinérxica de metodoloxías avanzadas, permitindo así validar o modo de unión dunha nova xeración de fármacos que están actualmente en estudos clínicos. Trátase dun traballo de colaboración enmarcado no proxecto europeo ERNEST dedicado a “descifrar as bases moleculares que rexen a sinalización dos receptores axustados a proteínas G (GPCRs) en diversas patoloxías”, explica o profesor Sotelo.

Adenosina

A adenosina é un potente inmunosupresor moi abundante no microambiente tumoral. Moitos tumores conseguen escapar da vixilancia do sistema inmunitario mediante a activación dos receptores A2A e A2 B de adenosina. Asemade, o tumor aproveita esta activación para expandirse e metastatizar. “Por este motivo, o uso de fármacos capaces de bloquear os devanditos receptores permite tanto a reactivación do sistema inmunitario como a diminución da división e metástase das células tumorais, incrementando a eficacia dos tratamentos”, argumenta o investigador da USC.

Este traballo supón un salto cualitativo neste proxecto dirixido ao desenvolvemento de fármacos baseados en moléculas pequenas como alternativa ao uso de anticorpos monoclonais no contexto da inmunoterapia do cancro. O uso combinado de métodos computacionais, metodoloxías sintéticas e a tecnoloxía de cristalización de proteínas patentada pola compañía Sosei Hepatares permitiu deseñar e sintetizar novos fármacos, cuxos complexos fármaco-receptor foron caracterizados mediante cristalografía de raios X. A dispoñibilidade de co-cristais de fármacos cos seus receptores moleculares é clave para o desenvolvemento racional de fármacos.

Avanzadas metodoloxías

A cristalización de receptores axustados a proteínas G (GPCRS) e a caracterización estrutural do complexos fármaco-receptor desta familia de proteínas constitúe un reto para a comunidade científica. A tendencia dos GPCRs a formar agregados, sen relevancia funcional, dificulta o deseño racional de fármacos. Existe, por tanto, unha gran demanda de metodoloxías innovadoras que faciliten o desenvolvemento de fármacos capaces de interactuar con rexións específicas da diana terapéutica. “A utilización sinérxica desas metodoloxías neste traballo permitiu validar de forma inequívoca o modo de unión dunha familia de compostos que inspiraron o desenvolvemento dunha nova xeración de fármacos que están actualmente en estudos clínicos para o tratamento do cancro”, conclúe Eddy Sotelo.

Universidade de Santiago de Compostela, 2020-07-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (estacions-ano-cdc.jpg) A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, símbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Foto de la tercera plana (infancia_2.jpg) Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao período lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantís.

Notas

Ducias de persoas participaron nas actividades do Vendaval, Mostra de Cinema Portugués na Ribeira Sacra, que entre o 25 e o 30 de agosto levou proxeccións, concertos, conversas e encontros con cineastas a diferentes espazos da comarca. Unha proposta cultural diferente, de balde e vinculada ao territorio que volverá durante o outono e a primavera con dous novos pases e novas propostas cinematográficas.
A USC vén de reafirmar a súa aposta en prol da administración dixital e de que parte dos seus servizos poidan ser prestados de xeito eficaz por medios telemáticos, coa renovación (2026-2028) do Certificado de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade no seu nivel medio. Isto é froito do traballo conxunto da Secretaría Xeral, a unidade de Seguridade da Información que coordinou o proceso, a Área TIC, e o Comité de Seguridade da Información.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES