
Nese contexto, o portal artesaniadegalicia.xunta.gal achega un lugar propio para cada un dos 687 obradoiros que configuran a marca ArtesanÃa de Galicia.
No ámbito da comercialización, Conde informou de que a orde de axudas deste ano para apoiar a obradoiros, concellos e asociacións profesionais en actuacións de impulso á comercialización de ArtesanÃa de Galicia, dotada con 330.000 euros, se introducen novidades para adaptarse ao novo contexto socioeconómico. AsÃ, ademais dos habituais apoios para participación ou organización de feiras, na convocatoria estas axudas inclúen para actuacións dixitais para tendas efémeras, plataformas ou páxinas de market place, feiras ou calquera outro evento comercial, nacional ou internacional, celebrados en liña.
A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, sÃmbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao perÃodo lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantÃs.