
Neste segundo documento continúase a desenvolver o consenso acadado entre o coordinador do proxecto, Rafael Martín Acero, representantes das tres universidades galegas e da Universidad Rey Juan Carlos e de Castilla La Mancha, sobre accións e suxestións para a aceleración da reactivación e readaptación técnico/táctica (perceptivo motoras e cognitivas). Neste sentido, cómpre subliñar a guía para a volta ao adestramento en deportes de equipo e control do risco de contaxio por coronavirus, elaborada polo catedrático de Educación Física e Deportiva da Universidade de Vigo, Carlos Lago Peñas.
Esta devandita guía pretende dar recomendacións claras para a organización do adestramento (como deseñar as sesións, que exercicios hai que propoñer, etc.) nas distintas categorías (iniciación, mozos e adultos). Estes consellos están encamiñados a aumentar a adaptación progresiva do deportista ao que lle esixirá o partido cando se poida volver á competición. Trátase de adestrar co menor risco posible de contaxio e afastándose o menos posible da lóxica interna máis substancial de cada deporte de equipo.
A guía publicada hoxe é a segunda dunha serie que completará o documento único que contribuirá a reactivar os adestramentos e competicións das máis de 300 especialidades deportivas que se practican en Galicia e a recuperar o músculo do deporte galego, así como a plenitude física e psíquica de federacións, clubs e deportistas. A primeira delas, entregada o pasado luns, trata as Recomendacións para a aceleración da reactivación e readaptación técnico/táctica do deportista en busca da súa motivación progresiva para as esixencias da competición. Proximamente será entregada a terceira, Guía para a volta ao adestramento en deportes de loita/combate, controlando o risco de contaxio por coronavirus. A cuarta e a quinta, Guía para a volta a competición en deportes de equipo, con adaptacións para o risco de contaxio por coronavirus e Guía para a volta á competición en deportes de loita/combate, con adaptacións para o risco de contaxio por coronavirus, serán entregadas en vindeiras datas.
Guías DXT Galego
As Guías DXT Galego Volvendo con sentidiño poñen á disposición de federacións, clubs, profesores e adestradores suxestións con base científica que permitan acelerar a volta á normalidade na práctica da actividade deportiva con toda a seguridade e cumprimento das normativas.
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, entende a elaboración deste documento como un novo exemplo do traballo do Goberno galego na busca do constante apoio e consenso en todos e cada un dos membros desta sólida sociedade da que somos responsables. Tras un comportamento escrupuloso durante os tres meses que tivo vixencia o estado de alarma na nosa Comunidade Autónoma, a Xunta de Galicia entende que neste momento, garantir a seguridade e a saúde da nosa poboación tamén pasa por recuperar a actividade deportiva, sentencia.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.