Notas de prensa

Úrsula Heinze renova o seu compromiso coa lingua galega na presentación do libro 'Flashes'

Úrsula Heinze (Colonia, 1941) é unha escritora de orixe alemá afincada en Galicia desde 1977. A súa última achega literaria, Flashes, publicada por Edicións Fervenza, reúne case duascentas prosas breves en que a autora rememora con humor crítico diferentes instantes e incidentes da súa vida. Son, en palabras da propia Úrsula Heinze, “vivencias verdadeiras”, “os flashes iluminan distintas épocas do meu mundo e describen ambientes e persoas que me acompañaron ou que aínda hoxe están ao meu carón”.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou hoxe á escritora alemá afincada en Galicia Úrsula Heinze na presentación do seu último libro, Flashes, que tivo lugar no Pazo de San Roque.

Durante o transcurso do acto, o representante da Xunta de Galicia gabou a traxectoria de Úrsula Heinze, que “naceu alemá, pero que hoxe é xa tamén galega polo seu compromiso coa lingua do noso país, que empregou en innumerables obras literarias ao longo da súa vida, dándonos exemplo de compromiso coa nosa cultura”. Ademais, en relación a Flashes, Valentín García quixo destacar “o humor retranqueiro, case diría que galego de pura cepa, que caracteriza as súas prosas áxiles e divertidas”.

Ademais do secretario xeral de Política Lingüística, participaron na presentación de Flashes a propia Úrsula Heinze e o secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Armando Requeixo.

Escritora en lingua galega

Úrsula Heinze (Colonia, 1941) é unha escritora de orixe alemá afincada en Galicia desde 1977. Traduciu obras de diferentes autores alemáns ao galego e é creadora de narrativa infantil e para adultos na lingua de Rosalía. Ademais, tamén é membro fundador do PEN Clube de Galicia, que presidiu entre 1991 e 1995, recibiu numerosos premios, como o Merlín de literatura infantil (1986), o Blanco Amor de novela (1993), o Losada Diéguez (1994) ou a Medalla Castelao (2013).

Secretaría Xeral de Política Lingüística, 2020-07-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES