Notas de prensa

A Ciencia, con Galicia na crise da Covid-19

Científicos das tres universidades galegas elaboraron máis de 150 propostas de investigación na procura de solucións directas fronte a Covid-19. Nun acto celebrado no Colexio de Fonseca, a Real Academia Galega de Ciencias premiou vinte destes proxectos de investigación (9 da USC, 7 da UVigo e 4 da UdC), financiados por diversas institucións como o Instituto de Saúde Carlos III, a Axencia Galega de Innovación (GAIN), o Fondo Supera-Covid, a Fundación Amancio Ortega, Sergas, Tragsa, Augas de Galicia e EdardeBens, realizados nas tres universidades galegas.

A sesión contou coa participación dos reitores de Santiago e A Coruña, a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional e a vicerreitora de Investigación de Vigo.

Os proxectos encadráronse en seis diferentes áreas. Na primeira, na que se procura unha detección precoz da infección mediante a análise das augas residuais, realízanse os proxectos liderados por Margarita Poza, Claudio Cameselle, Jesús Lopez Romalde e Juan M. Lema. Os proxectos profundan na avaliación da carga de material xenético do virus nas depuradoras de augas e nos colectores municipais dun total de 20 cidades e vilas de Galicia.

Mediante a modelización matemática, nos proxectos de Iván Area, Jorge Mira, Ãngel Miramontes e Ricardo Cao preténdese determinar o impacto futuro da infección baixo diferentes supostos e analizar a súa distribución xeográfica. Os modelos resultan de grande interese á hora de valorar o impacto potencial de diferentes medidas preventivas que se podan tomar.

Na terceira área, orientada a novas vacinas, presentáronse os proxectos dirixidos por María José Alonso, que busca unha estratexia mellorada para a dosificación da vacina mediante nanotecnoloxía, e por Javier Montenegro e José M. Martinez Costas que aplican conceptos orixinais para desenvolver vacinas fronte ó SARS-Cov2.

O traballo de Ãngel Carracedo, encadrado na área de ‘BiomedicinaÂ’ pretende encontrar determinantes xenéticos de risco e biomarcadores xenómicos de resposta, mentres que o de David Posada avalía a modificación xenética do virus ao longo do tempo. Por outra banda, Federico Mallo realiza un ensaio clínico para o tratamento da pneumonía provocada polo virus.

Para mellorar a eficiencia, precisión e rapidez dos procesos de diagnose de persoas infectadas pola covid-19 o traballo de Jorge Pérez Juste propón metodoloxías innovadoras para novos procedementos de detección e os de Jacobo Porteiro e Marcos Ortega desenvolven sistemas baseados en intelixencia artificial para axilizar as análises, clasificar mellor os pacientes, estimando a súa gravidade e predicindo a súa evolución.

Finalmente no bloque destinado á desactivación do virus, Juan M. Garrido explicou o desenvolvemento do procedemento e a produción de 20.000 botellas de hidroxel para o Sergas, Fermín Navarrina, sobre a destrución da la cápside do virus mediante resonancia e Higinio González presentou un sistema de desinfección mediante dispersión de líquidos e sistemas aéreos non tripulados.

O reitor da USC, Antonio López, agradeceu en nome das tres Universidades o esforzo colectivo da comunidade investigadora para traballar, baixo unha gran presión e en condicións moi difíciles, tratando de poñer en valor a ciencia como resposta ás demandas da sociedade. Pola súa banda, o presidente da RAGC, Juan M. Lema Rodicio subliñou que “A Ciencia Galega soubo estar á altura das circunstancias, respondendo cun gran dinamismo e ilusión, fronte a crise e amosando unha extraordinaria vocación de servizo á Sociedade, o que demostra unha vez mais a necesidade de manter un tecido científico de calidade”.

Finalmente, a conselleira Carmen Pomar puxo de relevo os resultados das políticas do goberno galego para o financiamento de grupos, agrupacións estratéxicas e centros de investigación universitaria en Galicia e en aproveitar o momento de prestixio social cara á ciencia para conseguir un recoñecemento ao labor silencioso do persoal investigador.

Universidade de Santiago de Compostela, 2020-07-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (estacions-ano-cdc.jpg) A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, símbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Foto de la tercera plana (infancia_2.jpg) Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao período lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantís.

Notas

Ducias de persoas participaron nas actividades do Vendaval, Mostra de Cinema Portugués na Ribeira Sacra, que entre o 25 e o 30 de agosto levou proxeccións, concertos, conversas e encontros con cineastas a diferentes espazos da comarca. Unha proposta cultural diferente, de balde e vinculada ao territorio que volverá durante o outono e a primavera con dous novos pases e novas propostas cinematográficas.
A USC vén de reafirmar a súa aposta en prol da administración dixital e de que parte dos seus servizos poidan ser prestados de xeito eficaz por medios telemáticos, coa renovación (2026-2028) do Certificado de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade no seu nivel medio. Isto é froito do traballo conxunto da Secretaría Xeral, a unidade de Seguridade da Información que coordinou o proceso, a Ãrea TIC, e o Comité de Seguridade da Información.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES