
O xurado valorou que No encanto do aire é un poemario que, partindo das rúas de Compostela percorre o país con mirada silenciosa, por veces desolada, axudada polas pegadas da nosa tradición, historia e literatura.
Ademais de Antonio Fernández como presidente, o xurado estivo composto polos vogais: Lorena Couso Dopazo (concelleira de Cultura de Padrón), Anxo Angueira Viturro (profesor do Departamento de Filoloxía Galega e Latina na Universidade de Vigo e presidente da Fundación Rosalía de Castro), Manuel Lorenzo Baleirón (mestre no IES Macías o Namorado de Padrón), María Xesús Senín Fernández (profesora de lingua e literatura galega no IES Camilo José Cela de Padrón), Xosé Luís Axeitos Agrelo (filólogo, escritor, investigador e membro da Real Academia Galega) e María López Sánchez (filóloga, ensaísta e profesora asociada na Facultade de Ciencias da Educación da USC. A animadora cultural do Concello de Padrón, Beatriz Lorenzo Vázquez, participou como secretaria do xurado, con voz pero sen voto.
Autora
Guadalupe Gómez Arto, nada en Fisteus (Curtis) en 1972, é unha poeta e xornalista galega. Máis coñecida como Lupe Gómez, marchou con trece anos estudar o bacharelato á cidade da Coruña e máis tarde licenciouse en Ciencias da Información pola Universidade de Santiago de Compostela. Ten colaborado con El Correo Gallego e Galicia Hoxe, ademais de facer artigos e críticas de libros e de teatro.
Este VI certame poético Rosalía de Castro 2020 súmase a outros premios acadados nos últimos vinte anos, todos eles pola súa faceta como poeta. Entre esas distincións figuran o Premio da Crítica de poesía galega 2018 por Camuflaxe, o Premio Eusebio Lorenzo Baileirón de 2004 por Azul e estranxeira ou o Premio Johán Carballeira de 2003 por O útero dos cabalos.
Ademais da poesía, Lúpez Gómez ten cultivado tamén a narrativa (Fisteus era un mundo, 2001; Quero bailar, 2006), o teatro (Diario dun bar e Diálogos imposíbeis, editados en 2008 e 2011 por Laiovento), a literatura xuvenil (Querida Uxía, editado en 2004 por Luís Vives) e máis recentemente o epistolario (Fosforescencias, 2019).
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.