Notas de prensa

As escolas infantís da Galiña Azul iniciarán o vindeiro curso con máis de 8.200 nenas e nenos admitidos

A escolas infantís de 0 a 3 anos da rede autonómica A Galiña Azul abrirán o vindeiro curso escolar 2020/2021 con 8.200 nenas e nenos con praza, o que supón o 76% das 10.800 solicitudes presentadas con toda a documentación requirida e 300 admitidos menos que no presente curso. A listaxe definitiva pódese consultar nas páxinas web do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e na da Consellería de Política Social.

Ademais, a listaxe de nenas e nenos en agarda sitúase en 1.700 nenas e nenos, 1600 menos que no período anterior. As familias que queden sen praza pública poderán beneficiarse do Bono Concilia, axuda directa que lles permitirá contar con apoio económico para levar ás súas fillas e fillos á escola infantil que escollan. Tamén cómpre indicar que o 60% das solicitudes presentadas correspóndense con novos ingresos e as 40% restantes son de renovación.

A distribución por provincias dos admitidos é a seguinte: 3428 nenas e nenos en escolas da Galiña Azul da Coruña, 3065 nas que hai en Pontevedra, 864 nas de Ourense e 868 nos centros da Xunta en Lugo. Ademais, indicar que no conxunto da rede autonómica hai admitidos 26 menores de 0 a 3 anos con necesidades especiais,882 pertencentes a familias numerosas e 345 a familias monoparentais.

O prazo para a formalización de matrícula abre mañá martes ata o 30 de xullo. As familias deberán achegar o impreso da matrícula cuberto e unha copia da cartilla de vacinacións da nena ou neno.

Novidades

No vindeiro curso haberá dúas grandes novidades. En primeiro lugar, este será o primeiro curso completo no que se aplique a gratuidade para segundos fillos e sucesivos na atención educativa. En segundo lugar, en cada unha das sete principais cidades de Galicia polo menos unha escola infantil pública autonómica ampliará o seu horario de apertura ata as oito da tarde, co fin de mellorar a conciliación das familias.

Cómpre indicar que as prazas públicas da rede autonómica e as contratadas en escolas privadas compleméntanse coas prazas que a Xunta financia en escolas de iniciativa social e a través do Bono Concilia, así como coas que dependen dos concellos.

Galiña Azul, 2020-07-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (estacions-ano-cdc.jpg) A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, símbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Foto de la tercera plana (infancia_2.jpg) Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao período lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantís.

Notas

Ducias de persoas participaron nas actividades do Vendaval, Mostra de Cinema Portugués na Ribeira Sacra, que entre o 25 e o 30 de agosto levou proxeccións, concertos, conversas e encontros con cineastas a diferentes espazos da comarca. Unha proposta cultural diferente, de balde e vinculada ao territorio que volverá durante o outono e a primavera con dous novos pases e novas propostas cinematográficas.
A USC vén de reafirmar a súa aposta en prol da administración dixital e de que parte dos seus servizos poidan ser prestados de xeito eficaz por medios telemáticos, coa renovación (2026-2028) do Certificado de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade no seu nivel medio. Isto é froito do traballo conxunto da Secretaría Xeral, a unidade de Seguridade da Información que coordinou o proceso, a Ãrea TIC, e o Comité de Seguridade da Información.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES