
“A utilización da máscara en todas as situacións, na medida en que visibiliza a pandemia, axuda a controlala”, afirma Caamaño Isorna.
Locais de ocio
Sacar a máscara facial só no intre mesmo de consumir é unha das novidades que acaba de incorporarse á vida cotiá na comunidade galega. “Debemos sacala puntualmente para consumir, pero mantela posta mentres charlamos ou participamos da conversación”, matiza Caamaño, “é fundamental que cambiemos o noso xeito de relacionarmos, non se nos pide nada imposible”, continúa. Para este profesor da USC, “o determinante é a actitude social” e subliña o importante que resulta reparar no ocio nocturno. “Hai un problema grave co ocio nocturno, tendo a crer que é incompatible coa situación epidemiolóxica actual”, explica.
Praias
A obrigatoriedade do uso da máscara facial nos areais, podendo só prescindir dela á hora de tomar o sol ou no intre mesmo do baño, é outra das máis recentes novidades en Galicia. “Cando esteamos deitados na area co noso grupo de convivintes debemos manternos a dous metros de outros grupos. Sempre que paseemos ou recibamos a alguén no noso grupo debemos poñer a máscara”, sinala Caamaño. O profesor da USC destaca que “debemos procurar minimizar o contacto estreito con non convivintes, como en calquera outra situación nesta nova normalidade”.
Transmisión
Nas últimas semanas, diversos especialistas apuntan cara a unha posible transmisión do virus polo aire. “É unha cuestión semántica. A principal vÃa de transmisión son as gotas, pode haber unha transmisión por aire oportunista ou por aerosois en contextos moi especÃficos”, matiza Caamaño. “O problema é que se falamos de transmisión por aire a maior parte da xente pensará na tuberculose, o sarampelo ou a varicela e a transmisión da COVID-19 esta moi lonxe dese mecanismo”, engade. “Probablemente en Galicia neste momento non hai transmisión comunitaria. En calquera caso, debemos estar alerta xa que a situación pode cambiar en calquera momento”, conclúe o epidemiólogo.
A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, sÃmbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao perÃodo lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantÃs.