
O EcomWay estará dividido en dúas partes. A primeira será este martes 21 no Hotel Finisterre cun pre-meeting do Camiño que abrirá a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e con varias mesas redondas e charlas nas que se falará da historia, da experiencia e dos valores e tesouros do Camiño Inglés. O evento será pechado polo presidente do Consorcio de Turismo e concelleiro de Turismo do Concello, Juan Ignacio Borrego e Carolina Rubirosa, autora de 'O teu camiñar', himno do Camiño Inglés.
A segunda parte do EcomWay levará a facer as tres etapas que separan A Coruña de Santiago aos blogueiros e xornalistas especializados participantes. Na primeira, o mércores 22, os peregrinos camiñarán da Igrexa de Santiago da Cidade Vella ata Bruma. A seguinte será o xoves percorrendo os 24km que hai entre Bruma e Sigüeiro mentres que a última, levará os camiñantes desde a localidade orosá ata Santiago de Compostela na véspera do DÃa do Apóstolo.
Este evento está organizado por Turismo da Coruña e pola Deputación da Coruña e conta coa colaboración da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, o Xacobeo 2021 e diferentes empresas do sector privado.
O Camiño Inglés conta en Galicia con dúas alternativas: o itinerario desde A Coruña de 73 quilómetros e o que parte de Ferrol con 112,5 quilómetros. Para poder lograr a Compostela partindo desde A Coruña é necesario completar os 100 quilómetros cunha etapa no paÃs de orixe, aÃnda que tamén se lle concede aos cidadáns coruñeses que parten da nosa cidade.
Desde maio deste ano, A Coruña pertence á Asociación de Concellos do Camiño Inglés do que forman parte 16 dos 18 concellos polos que transcorre a ruta xacobea.
A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, sÃmbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao perÃodo lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantÃs.