Archivo (5 del 2020)

Buscador

Noticias

A incerteza e a preocupación polo emprego son as principais inquedanzas do empresariado diante da pandemia, que paralizou nun 40% a actividade empresarial en Galicia, segundo se recolle no informe ‘A situación do emprendemento en Galicia diante da COVID-19’, un estudo desenvolvido en Galicia polo Grupo GEM-Galicia baixo a dirección das profesoras da USC Isabel Neira Gómez e Loreto Fernández.
O alumnado galego de 2º curso de Bacharelato e de 2º curso de ciclos Medio e Superior de Formación Profesional poderá volver ás aulas de xeito voluntario a partir do vindeiro 25 de maio. A decisión tomouse logo da Conferencia Sectorial de Educación, presidida hoxe pola ministra Isabel Celaá, e na que houbo un consenso maioritario en que unicamente se retomen as clases nos cursos superiores que titulan.
O estudo 'Predico' sobre modelos de predición dinámica sobre escenarios de afectación por COVID-19 a curto e medio prazo, coordinado polo catedrático de Electromagnetismo da USC Jorge Mira, acaba de recibir financiamento por parte do Instituto de Salud Carlos III (ISCIII). Nesta investigación tamén tomarán parte investigadores das universidades de Vigo e Aveiro e do Centro Nacional de Biotecnología - CSIC. O obxectivo de 'Predico' é predicir a evolución da expansión e incidencia da pandemia.
O paulatino regreso ao traballo presencial no marco da crise por mor da COVID-19 debe realizarse extremando as medidas de precaución. Neste senso, o epidemiólogo e profesor da USC Francisco Caamaño Isorna afirma que "o risco cero non existe" e apunta a que "a medida fundamental é a distancial social e o lavado sistemático e meticuloso de mans con xabón ou xel sanitizante". "Se podo manterme a dous metros dos demais, non necesito máscara facial. Sempre que non poda garantir eses dous metros, debo usala", apunta Caamaño.
Dous dos proxectos que adquiren cada ano maior protagonismo no Mes das Letras Galegas para festexalas e honrar o autor anfitrión, desta vez Ricardo Carvalho Calero, xa están dispoñibles para a súa descarga libre e de balde desde o Portal da Lingua Galega. Trátase dos traballos cos que o CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo (A Coruña) e o IES Ferrol Vello de Ferrol se impuxeron ás numerosas propostas escolares que concorreron á edición 2020 do Concurso-Exposición.
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia mantivo no mes de marzo unha xuntanza de traballo con representantes da Federación Galega de Municipios (FEGAMP), das deputacións provinciais, do Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe) e do Centro Criptolóxico Nacional (CCN) para darlles conta dos pasos que está a dar a Xunta para crear o Nodo de Ciberseguridade de Galicia, CIBER.gal e convidalos a sumarse á iniciativa.
Para o desenvolvemento desta vacina, o equipo de investigadores utilizará métodos computacionais para identificar as partes do virus que sexan capaces de provocar unha resposta notable no sistema inmunitario. Seguidamente, procederase á fabricación da molécula ARNm máis prometedora e, por último, á súa incorporación nun vector viral ou sintético, co fin de garantir a estabilidade do ARN e favorecer a súa chegada efectiva ao sistema inmunitario.
A Cidade da Cultura promove o vindeiro mércores 20 de maio a segunda edición de #CulturaLike, un encontro para reflexionar sobre as claves da divulgación cultural e científica en internet, que será emitido en liña e reunirá a tres grandes divulgadores da rede: os galegos Déborah García Bello –Deborah Ciencia– e Miguel Ángel Cajigal –El Barroquista– e o manchego José Luis Crespo –Quantum Fracture–. O evento enmárcase no programa de actividades #aculturasegue da Consellería de Cultura e Turismo.
Desde o luns día 11 e ata o seguinte luns, 18 de maio reábrese o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020/21, para aquelas familias interesadas que non puideron presentala durante o período ordinario ao verse suspendido o prazo pola declaración do estado de alarma o 14 de marzo. Para atender o proceso de admisión presencial o Centro de Coordinación Operativa (Cecop) acordou modificar o horario de presenza dos equipos directivos nos centros educativos.
Publicada a Orde da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade pola que se regulan as novas medidas para a reactivación do transporte público de viaxeiros de competencia autonómica en condicións de seguridade para usuarios e traballadores. O texto recolle as medidas que se aplicarán para garantir, en todo momento, a seguridade de traballadores e viaxeiros e facilitar a atención ás necesidades de mobilidade, de acordo á evolución da situación sanitaria.
« Anterior | 3  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (127)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES