
Asemade, a desinfección de mans conforma outro dos elementos chave á hora de acometer a xornada laboral. "O xel sanitizante debe estar onmipresente na oficina como un elemento máis, á entrada de cada dependencia, en cada despacho, en cada corredor, en cada sala de espera...", afirma o profesor da USC, quen non considera indispensable o uso de luvas xa que "o guante convértese na nosa pel".
Portas, ascensores, corredores e baños
Unha das recomendacións á hora de compartir espazo con outras persoas pasa por ter moito coidado nos diferentes accesos ao espazo de traballo. "A porta do edificio deberá ser automática ou estar permanentemente aberta e asà evitar tocar o tirador. O mesmo debe ocorrer coas portas dos distintos despachos, se non hai unha razón de peso deben estar abertas. Na medida do posible, hai que evitar o uso do ascensor, e recuperar, pola contra, a utilización das escaleiras", explica o epidemiólogo.
Nesta liña, o modo de uso dos corredores tamén poderÃa mudar. "Nas oficinas podemos definir corredores de sentido único, de xeito que evitemos encontrarnos de fronte. Son medidas diversas e sinxelas", asegura. Os baños tampouco escapan ás medidas de prevención. "Debemos lavar as mans sistemática e meticulosamente antes e despois de ir ao baño. Idealmente a billa deberÃa ter un sistema de apertura e peche co pé", continúa o profesor.
De volta no fogar
Cando finaliza a xornada, as medidas de precaución continúan no fogar, sobre todo, no tocante ás prendas que vimos de empregar. "A recomendación é lavar a roupa entre 60 e 90 graos. Unha boa opción pode ser utilizar algún uniforme, bata ou garda pó exterior xa que será máis doado de xestionar", conclúe Caamaño logo de apuntar que o teletraballo "é unha excelente opción en tanto non teñamos unha vacina".
O FIV de Vilalba volverá reunir na localidade lucense unha programación destacada da escena independente e alternativa estatal, cun cartel no que figuran nomes como Carlos Ares, Alcalá Norte, La M.O.D.A. e Ãngel Stanich, xunto a outras propostas moi presentes no panorama actual como Repion, Puño Dragón, Celia Becks, Futuro Alcalde, Grande Osso e Rapariga DJ. A boa resposta do público nas últimas semanas confirma, ademais, a gran acollida desta edición, coa previsión de que Vilalba volva encherse de ambiente festivalero a próxima fin de semana. A programación do FIV de Vilalba desenvolverase entre o Escenario Vibra Mahou, o Escenario #Fiver by Lactalis e a Zona DJ, consolidando un formato que combina os grandes concertos nocturnos coa actividade diúrna do sábado.
Galicia sitúase como a comunidade autónoma con menor porcentaxe de pacientes que agardan máis de 60 dÃas por unha consulta co especialista. Asà o referendan os datos publicados polo Ministerio de Sanidade sobre listas de espera no Sistema Nacional de Saúde a peche de 2025. Segundo os datos, en decembro de 2025 a comunidade galega situouse como a cuarta rexión española con mellores tempos medios de espera no ámbito das primeiras consultas. Neste eido, o Servizo Galego de Saúde rexistrou unha media de 63 dÃas de espera, fronte aos 102 do Sistema Nacional de Saúde. Estas cifras reflicten que os galegos esperan 39 dÃas menos para acceder a unha consulta co especialista que a media dos españois.